Manuel Vázquez Olmo

xastre e político galego

Manuel Vázquez Olmo, nado en Samos cara a 1908 e finado en Lugo o 12 de maio de 1937, foi un xastre e político galego.

Infotaula de personaManuel Vázquez Olmo
Biografía
Nacemento1908 Editar o valor em Wikidata
Samos, España Editar o valor em Wikidata
Morte12 de maio de 1937 Editar o valor em Wikidata (28/29 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxastre , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Veciño do Incio. Foi detido pola Garda Civil en maio de 1934 como presunto autor dun roubo no comercio de José Díaz García con Benigno Díaz González e o seu irmán Pedro Vázquez Olmo.[1] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e internado no cárcere de Sarria o 2 de febreiro de 1937. Xulgado en Lugo por rebelión militar, foi condenado a pena de morte. Foi executado nas tapias do cuartel da Garda Civil de Lugo o 12 de maio de 1937 con Balbino Cerdeiras Rey, José Vázquez Liz e Lisardo Sotelo Pérez.[2]

Notas editar

  1. El Pueblo Gallego, 8-5-1934, p. 11.
  2. El Progreso, 13-5-1937, p. 4.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar