Manuel Rodríguez Doval

músico e político galego

Manuel Rodríguez Doval, nado en 1958, é un músico e político galego do BNG.

Infotaula de personaManuel Rodríguez Doval
Biografía
Nacemento1958 Editar o valor em Wikidata (65/66 anos)
Alcalde de Ares
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoBloque Nacionalista Galego Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Técnico especialista delineante. Nas eleccións municipais de 1983 encabezou a candidatura do BNG á alcaldía de Ares. Nas municipais de 1987 volveu encabezar a candidatura do BNG e resultou elixido alcalde nunha votación secreta na que obtivo 6 votos (3 do BNG e outros 3 de Alianza Popular). Os populares votaron a Doval para impedir que volvera gobernar Rosa Miguélez do PSdeG-PSOE, que era a candidatura máis votada. Gobernou en minoría entre 1987 e 1991. Foi tenente de alcalde no goberno de coalición co PSdeG (1995-1999). Foi tamén Deputado Provincial e portavoz do BNG na deputación entre 1987 e 2003, así como responsable da área municipal do BNG.

En 2010 anunciou que non volvería presentarse como candidato e foi substituído por Emilio Mesías.


Predecesor:
Rosa Miguélez
  
Alcalde de Ares
 
1987 - 1991
Sucesor:
José Vilasánchez Pazos

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar