Manuel Rodríguez Cadaval

avogado español

Manuel Rodríguez Cadaval, nado en Santa Cristina da Ramallosa, Baiona, en 1850 e finado en 1925, foi un xurista galego.

Modelo:BiografíaManuel Rodríguez Cadaval
Biografía
Nacemento1850 Editar o valor en Wikidata
Santa Cristina da Ramallosa, España Editar o valor en Wikidata
Morte1925 Editar o valor en Wikidata (74/75 anos)
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Fillo dunha familia de avoengo, estudou latín no Seminario de Tui. Alumno da Universidade de Santiago de Compostela, doutorouse en Dereito. Abriu bufete en Vigo e afiliouse ao Partido Conservador do que foi xefe.[1] Foi deputado provincial, asesor do concello e conselleiro do Banco de España.[2]

Aconsellou ao alcalde Adolfo Gregorio Espino para que fixese xestións con José Elduayen (amigo de ámbolos dous) para a doazón do Pazo de Castrelos e o seu parque ao concello.[2]

Foi presidente da sociedade Recreo Artístico de Vigo, que organizaba certames literarios e musicais en Vigo e afeccionado á caza.[1]

Recoñecementos

editar

En 1890 recibiu a Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica.[3]

Desde 1926, trala proposta do Ateneo de Vigo, presidido por Amado Garra, unha rúa do centro, entre a Porta do Sol e a Rúa Progreso, leva o nome de "Doutor Cadaval" na súa memoria.[2]

  1. 1,0 1,1 Santiago & Nogueira 1902.
  2. 2,0 2,1 2,2 Vázquez Xil 1994.
  3. Guía oficial de España (en castelán). Viuda de M. Minuesa de los Ríos. Imprenta de la Gaceta de Madrid. 1894. p. 197. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar