Manuel Rodríguez Cadabal
avogado e político galego
Suxeriuse que este artigo ou apartado sexa fusionado con "Manuel Rodríguez Cadaval" (conversa). Para realizar a fusión das páxinas segue estes pasos. |
Manuel Rodríguez Cadabal, nado en Sabarís (Baiona) e finado en Vigo en xaneiro de 1926, foi un avogado e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1850 Sabarís, España |
Morte | decembro de 1925 (74/75 anos) Vigo, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | avogado, político |
Traxectoria
editarEstudou no Seminario de Tui. Fixo a carreira de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Abriu bufete de avogado en Vigo. Dirixente do Partido Conservador de Vigo, foi deputado provincial polo distrito de Vigo-Tui en 1884, 1888 e 1892. Nos noventa foi representante legal e administrador xeral de Fernando Quiñones de León, xenro de José Elduayen e usufrutuario da Casa de Valladares, un dos principais patrimonios rendistas do sur da provincia de Pontevedra. Foi conselleiro do Banco de España en Vigo. Finou en Vigo a principios de xaneiro de 1926 e foi soterrado en Santa Cristina da Ramallosa.[1]
Recoñecementos
editar- Gran Cruz de Sabela a Católica.
Notas
editar- ↑ Vida Gallega 10-1-1926, p. 34.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Castro Pérez, Felipe (2002). "En torno ó elduayenismo: reflexións sobre a política clientelista na provincia de Pontevedra (1856-1879)" (PDF). Documentos de traballo. Historia (IDEGA) 13: 1–38. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de abril de 2019. Consultado o 02 de setembro de 2018.
- José de Santiago e Ulpiano Nogueira (1902) Bayona antigua y moderna Madrid (en castelán).