Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso, nado na Groba (Ribadavia) o 16 de xaneiro de 1952 e finado en Pozuelo de Alarcón (Madrid) o 23 de setembro de 2015[1][2], foi un crítico literario e filólogo galego. Era sobriño de Xesús Alonso Montero[3].

Manuel Rodríguez Alonso
Nacemento16 de xaneiro de 1952
 A Groba (Ribadavia)
Falecemento23 de setembro de 2015 (63 anos)
 Pozuelo de Alarcón (Madrid)
NacionalidadeEspaña
Ocupacióntradutor e escritor
LinguaGalego
XénerosCrítica, filoloxía, lingüística
EstudosDoutor en Filoloxía
ProfesiónProfesor, lingüista
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Era licenciado en Filoloxía pola USC e doutor pola Universidade Autónoma de Madrid. Traballaba na UNED, como profesor de ensino medio. Dende 1988, traballaba como lingüista para a editorial Edicións SM. Tiña colaborado na elaboración de diversos materiais didácticos e pedagóxicos, como dicionarios ou gramáticas. Colaborou en revistas como Grial, A Nosa Terra, Revista de Lengua y Literatura Catalana, Gallega y Vasca, Vieiros e Tempos Novos.

Manuel Bragado, director de Edicións Xerais de Galicia, resumía deste modo[4] o seu activo labor a prol das letras galegas:

Manuel Rodríguez Alonso deixa a súa importante obra crítica e ensaística, mais tamén outra non menos relevante, a lexicográfica, como un dos dicionaristas máis destacados da lingua galega. A súa valoración do silencioso traballo editorial, como concienzudo editor de textos que foi, a súa preocupación pola corrección e a calidade da lingua literaria galega marcaron tendencia na crítica galega, transformándose en expresión de autoestima e rigor para o noso sistema literario.

Obra en galegoEditar

EnsaioEditar

Obras colectivasEditar

Obras en castelánEditar

Obras colectivasEditar

  • Diccionario de las lenguas de España (1985).
  • Manual de dudas de la lengua española (1987).
  • Historia de la literatura gallega (2002).

NotasEditar

  1. "Finou o profesor e crítico Rodríguez Alonso", artigo en Letra en obras, 23 de setembro de 2015.
  2. Falece o crítico Manuel Rodríguez Alonso, coautor do Dicionario Xerais de Primaria Arquivado 26 de setembro de 2015 en Wayback Machine., necrolóxica no blog da editorial Xerais, 24 de setembro de 2015.
  3. O cangués Héitor Mera lerá a primeira tese en galego na historia da UNED, nova en La Voz de Galicia o 10 de xuño de 2009.
  4. Manuel Rodríguez Alonso, entrada no blog "Bretemas", xestionado por Manuel Bragado, director de Xerais.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar