Manuel Riobó
Manuel Riobó Guimeráns, nado en Cela (Bueu) en 1860 e finado no mesmo concello o 30 de decembro de 1933, foi un médico e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1860 Cela, España |
Morte | 30 de decembro de 1933 (72/73 anos) Bueu, España |
Familia | |
Fillos | Didio Riobó |
Traxectoria
editarEstudou Medicina e Cirurxía na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose en 1887. Doutorouse en Madrid en 1894 e coa tese Regulación del calor en la fiebre y sus relaciones con la temperatura hiper-pirética post mortem. Especializouse en epidemioloxía e marchou a Filipinas. En 1890 estivo en Romblon e alí fixo fronte a un gromo de varíola; de alí pasou a Cayagán de Misamis, na illa de Mindanao, onde enfermou de paludismo crónico e gastroenterite e tivo que regresar a Galicia. Volveu a Filipinas en 1894 e estivo na illa de Panay onde puxo en marcha algúns negocios e adquiriu terras. Fixo amizade con José Rizal, que foi fusilado por rebelión. A finais de século volveu a Galicia, foi concelleiro en Bueu (1902-1905) e estableceu a súa consulta de médico forense en Vigo.
Investiu a fortuna adquirida en Filipinas na compra de bens entre o que destacou a illa de Ons, que adquiriu en dúas fases: en 1919 a metade aos anteriores donos, a marquesa viúva de Mos y Valladares e o marqués de Alcedo. A outra metade adquiriuna en marzo de 1921 a un veciño da illa, Marcial Bernadal, que a tiña arrendada dende 1911. Intentou mellorar as condicións dos habitantes de Ons, creando unha escola en 1925. En 1930 creou a sociedade "Isla de Ons S.L", poñendo a administración en mans do seu fillo Didio Riobó Bustelo. Finou en Bueu o 30 de decembro de 1933.[1]
Notas
editar- ↑ Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 31-12-1933, p. 5.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Islas: Ons y el doctor Didio Riobó
- "El último señor de Ons" Faro de Vigo, 31/12/2009 (en castelán).