Didio Riobó

médico e político galego

Didio Riobó Bustelo, nado en Bueu en 1888 e finado na illa de Ons o 3 de outubro de 1936, foi un médico e político galego.

Infotaula de personaDidio Riobó

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1888 Editar o valor em Wikidata
Bueu, España Editar o valor em Wikidata
Morte3 de outubro de 1936 Editar o valor em Wikidata (47/48 anos)
illa de Ons, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteSuicidio Editar o valor em Wikidata (Enforcamento Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiManuel Riobó Guimeráns Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Manuel Riobó Guimeráns. Fundou a Agrupación Republicana Radical de Bueu e foi concelleiro de Bueu durante a Segunda República. Desde 1931 instalouse na illa de Ons (que herdou á morte do seu pai en 1933) e intentou mellorar a vida dos colonos das illas, introducindo unha escola (hoxe o Centro de Visitantes)[1] e facendo repoboación forestal. Ao iniciarse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, foi acosado polos falanxistas, o que o levou a aforcarse na illa o 3 de outubro de 1936.[2]

Audiovisual editar

O documental A illa de Don Didio (Xosé Cermeño, Marta Lemos, 2008) céntrase na historia da illa de Ons e da familia Riobó, e en particular na vida e morte tráxica de Didio Riobó. Tamén aborda o abandono da illa polos seus habitantes a partir dos anos 70 cando pasou a pertencer ao Estado español, describindo as dificultades da vida na illa nesa época.

Vida persoal editar

Casou con María Antonozzi.

Notas editar

  1. Redacción (2023-07-08). "A antiga escola de Ons: vivindo como colonos". GCiencia. Consultado o 2024-01-11. 
  2. Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 4-10-1936, p. 2.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar