Didio Riobó
médico e político galego
(Redirección desde «Didio Riobó Bustelo»)
Didio Riobó Bustelo, nado en Bueu en 1888 e finado na illa de Ons en outubro de 1936, foi un médico e político galego.
Didio Riobó | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1888 |
Lugar de nacemento | Bueu |
Falecemento | outubro de 1936 |
Lugar de falecemento | illa de Ons |
Causa | enforcamento |
Nacionalidade | España |
Ocupación | médico e político |
Pai | Manuel Riobó Guimeráns |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Fillo de Manuel Riobó Guimeráns. Fundou a Agrupación Republicana Radical de Bueu e foi concelleiro de Bueu durante a Segunda República. Desde 1931 instalouse na illa de Ons (que herdou á morte do seu pai en 1933) e intentou mellorar a vida dos colonos das illas, introducindo unha escola e facendo repoboación forestal. Ao iniciarse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, foi acosado polos falanxistas, o que o levou a aforcarse na illa en outubro de 1936.
Vida persoal editar
Casou con María Antonozzi.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- "Islas: Ons y el doctor Didio Riobó" Diario de un médico de guardia (en castelán)
- Celestino Pardellas de Blas: "Ons: Riobó, unha historia un estudo" Faro de Vigo, 19/12/2010.
- "El último señor de Ons" Faro de Vigo, 31/12/2009 (en castelán).