Abrir o menú principal

Manuel Moure Gómez

mestre, xornalista e político galego

Manuel Moure Gómez, nado en Santiago de Compostela o 30 de novembro de 1899, foi un mestre, xornalista e político galego.

Manuel Moure Gómez
Manuel Moure Gómez 1932.jpg
Retrato en Vida Gallega, 1932.
Nacemento30 de novembro de 1899
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestre, xornalista e político
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Estudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela, rematando en 1920. Colaborou en La Voz de Galicia. Foi mestre interino en Touro (1922), mestre en Ameneiro (Teo) (1925-1929), onde coincidiu con Manuel González Ramos, Muxía (1929-1930) e no pósito de Ribeira (1930-1933). Militante socialista, colaborou en La Lucha. En 1932 deu conferencias en varias localidades galegas. Obtivo praza nas oposicións para directores de graduadas de máis de seis graos de agosto de 1933[1] e en 1934 trasladouse a Monòver (Alacant). Alí colaborou en El Luchador (1935-1936) e Liberación (1937). Durante a Guerra Civil foi director de Nueva Galicia. Ao rematar a guerra exiliouse en Francia onde foi internado no campo de concentración nº 16 de Saint Cyprien, nos Pireneos Orientais. En 1944, considerado en paradoiro descoñecido, foi condenado a dous anos de inhabilitación polo Tribunal de Responsabilidades Políticas por ter sido "capitán rojo".[2]

Vida persoalEditar

Casou en 1924 con Elvira Paz Rodríguez,[3] da que se divorciou en 1933.[4]

NotasEditar

  1. La Voz de Galicia, 11-8-1933, p. 9.
  2. BOP Alicante, 11-8-1944.
  3. La Voz de Galicia, 8-2-1924, p. 4.
  4. La Voz de Galicia, 16-4-1933, p. 5.

Véxase taménEditar