Nueva Galicia (Madrid)

Nueva Galicia foi unha publicación periódica editada en Madrid, durante a guerra civil, como Portavoz de los Antifascistas Gallegos.

Historia e características editar

Apareceu o 17 de maio de 1937, fundada por Santiago Álvarez e Rubén Gotay Montalvo, trasladouse a Barcelona e desapareceu en setembro de 1938. Pretendía aglutinar aos galegos antifascistas residentes na capital do estado. O seu director foi José Gómez Gayoso[1] e, máis tarde, Manuel Moure Gómez, e contou coa colaboración de Ramón Cabanillas, Eduardo Blanco Amor, Arturo Cuadrado, Ramón de Valenzuela ou Florencio Delgado entre outros. Castelao publicou en Nueva Galicia a segunda serie Verbas de chumbo[2], que no futuro constituiría a meirande parte do libro primeiro do Sempre en Galiza.

Notas editar

  1. Bernardo Máiz, Galicia na II República e baixo o franquismo, Vigo, 1988, px. 62
  2. A primeira serie fora publicada n'A Nosa Terra durante o seu exilio en Badaxoz, en 1934-1935.