Manuel Moscoso

político galego que foi alcalde de Arzúa
(Redirección desde «Manuel Moscoso López»)

Manuel Moscoso López, chamado Manolete[1], nado en Arzúa o 21 de setembro de 1947 e finado na mesma vila o 18 de xullo de 2023,[2] foi un político galego do PPdeG.

Infotaula de personaManuel Moscoso
Biografía
Nacemento21 de setembro de 1947 Editar o valor em Wikidata
Arzúa, España Editar o valor em Wikidata
Morte18 de xullo de 2023 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Arzúa, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Arzúa
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi nas listas do PPdeG ás eleccións municipais de 1983 e foi elixido concelleiro. Nas eleccións municipais de 1987 encabezou a candidatura do PPdeG e foi elixido concelleiro. Logo da renuncia do alcalde Jesús García Vázquez por motivos profesionais en xaneiro de 1989 foi elixido alcalde de Arzúa.[3] Nas municipais de 1991 volveu encabezar a candidatura do PPdeG e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Continuou no cargo ata 2003 sempre con maioría absoluta. En 2003 obtivo de novo a vitoria, pero foi insuficiente e o pacto de BNG e PSdeG levou o nacionalista García Couso á alcaldía. Moscoso continuou como concelleiro[4] catro anos máis ata 2007, cando se retirou da vida política.

Tamén foi deputado provincial polo PPdeG[5].

Predecesor:
Jesús García Vázquez
 
Alcalde de Arzúa

1989 - 2003
Sucesor:
Xaquín García Couso

Notas editar

  1. "Necrolóxica de Manuel Moscoso López". amp.esquelas.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2023. Consultado o 2023-07-19. 
  2. Redacción (18 de xullo de 2023). "Fallece Manuel Moscoso, alcalde de Arzúa durante 14 años". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 18 de xullo de 2023. 
  3. La Voz de Galicia, 29-1-1989, p. 27.
  4. "Noriega aspira a la alcaldía de Teo y Moscoso no repetirá en Arzúa". El Correo Gallego (en castelán). Consultado o 2023-07-19. 
  5. "Fallece Manuel Moscoso, alcalde de Arzúa durante 14 años". La Voz de Galicia (en castelán). 2023-07-18. Consultado o 2023-07-19. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar