Xaquín García Couso

político español

Xaquín García Couso, nado en Arzúa en 1953, é un político galego que vinculado ao BNG.

Infotaula de personaXaquín García Couso
Biografía
Nacemento1953 Editar o valor em Wikidata (70/71 anos)
Arzúa, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoBloque Nacionalista Galego Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estivo emigrado en Barcelona, onde quitou o título de profesor de autoescola. Encabezou a candidatura do BNG en Arzúa nas eleccións municipais de 1995 e de 1999 logrando 2 e 4 concelleiros, respectivamente, e sendo a segunda formación máis votada tralo PPdeG. Nas eleccións municipais de 2003 encabezou de novo a candidatura do BNG, logrando 5 concelleiros, e foi elixido alcalde co apoio dos 2 concelleiros do PSdeG-PSOE cos cales gobernou en coalición ata maio do 2004[1], gobernando dende entón en minoría. Nas municipais de 2007 volveu encabezar a candidatura do BNG e foi reelixido alcalde con maioría absoluta. Nese mandato pertenceu ó Consello Federal da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP)[2]. Non puido presentarse ás municipais de 2011 porque a Xunta Electoral da Zona de Santiago o declarou "inelixible" ao ser condenado "en sentenza non firme, por un delito contra a Administración pública".[3], polo que foi substituído como candidato nacionalista e posteriormente como alcalde polo seu compañeiro Xosé Luís García López. Tras un progresivo afastamento do seu partido e do seu sucesor (o cal pasou a ser independente), pasou a formar parte de Compromiso por Galicia, encabezando a súa candidatura en Arzúa nas municipais de 2019 (seu irmán fixérao no 2015), logrando 1 concelleiro e formando parte da oposición.


Predecesor:
Manuel Moscoso López
  
Alcalde de Arzúa
 
2003 - 2011
Sucesor:
Xosé Luís García López

Notas editar

  1. El alcalde de Arzúa rompe el pacto y destituye a los ediles socialistas. www.abc.es, 21/05/2004. (en castelán)
  2. Organigrama Consello Federal Arquivado 21 de xullo de 2011 en Wayback Machine.. www.fegamp.org, sen data.
  3. "O alcalde de Arzúa, declarado inilexible pola Xunta Electoral". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 11 de decembro de 2011. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar