Manuel Mirás Franqueira

político galego

Manuel Mirás Franqueira, nado en Ordes en 1956,[1] é un empresario e político galego do PSdeG-PSOE.

Infotaula de personaManuel Mirás Franqueira
Biografía
Nacemento1956 Editar o valor em Wikidata (67/68 anos)
Ordes, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Oroso Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónempresario , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Titular dunha asesoría. Foi candidato á alcaldía de Oroso polo PSdeG-PSOE en 1983, sendo a partir de entón concelleiro. Repiteu en 1987, apoiando a moción de censura que fixo alcalde a Eugenio Neira en 1989, sendo ademais deputado provincial entre 1990 e 1991. Foi elixido alcalde de Oroso en 1991, mediante un pacto coa CNG, rotándose na alcaldía co candidato desa formación, Carlos Noya Fernández, que a ocupou a partir de abril 1993. En 1995 os membros da CNG concorreron integrados na lista do PSdeG, con Noya como candidato e volvendo a ser elixido concelleiro, se ben perderon a alcaldía en favor do PPdeG. En 1999 volveu a selo candidato socialista, continuando na oposición, sendo elixido novamente deputado provincial.

En abril de 2002 volveu ser elixido alcalde de Oroso ao triunfar unha moción de censura contra o popular Eugenio Neira García grazas ao apoio de dous tránsfugas do PPdeG[2], polo cal foi expulsado do PSdeG-PSOE. Nas eleccións municipais de 2003 foi o candidato do CDS á alcaldía de Oroso e foi reelixido alcalde, obtendo maioría simple e gobernando en coalición co CDI, por onde concurrían o seu anteriror compañeiro de filas Carlos Noya e os exconcelleiros populares que o apoiaran na moción de censura. En 2006 regresou ao PSdeG-PSOE, e nas municipais de 2007 foi o candidato á alcaldía por esta formación[3] e foi relixido alcalde, gobernando co concelleiro do BNG José Manuel Pérez Penas. Nas municipais de 2011 volveu ser relixido alcalde polo PSdeG-PSOE logrando a maioría absoluta, ao igual que en 2015. A finais dese mesmo ano foi elixido vicepresidente executivo da FEGAMP. Nas eleccións municipais de 2019 acadou de novo a alcaldía[4], tras gañar e gobernar cunha concelleira do BNG. En maio de 2021 renunciou á alcaldía, sendo substituído polo seu compañeiro Luís Rey Villaverde. En novembro de 2021 tomou posesión como senador trala renuncia de Antonio Vázquez Lorenzo, do cal era o seu suplente nas xerais do 2019.


Predecesor:
Eugenio Neira García
  
Alcalde de Oroso
 
1991 - 1993
Sucesor:
Carlos Noya Fernández
Predecesor:
Eugenio Neira García
  
Alcalde de Oroso
 
2002 - 2021
Sucesor:
Luís Rey Villaverde

Notas editar

  1. La Voz de Galicia, Santiago, 8-5-2010, p. 14.
  2. Dos tránsfugas dan al socialista Mirás la alcaldía de Oroso
  3. "O alcalde de Oroso deixa o CDS e presentarase polo PSdeG". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 28 de outubro de 2011. 
  4. Concello de Oroso na FEGAMP

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar