Manuel Fernández López

médico galego

Manuel Fernández López, nado na Coruña en 1908 e finado na mesma cidade o 11 de xullo de 1937, foi un médico galego.

Modelo:BiografíaManuel Fernández López
Biografía
Nacemento1908 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte11 de xullo de 1937 Editar o valor en Wikidata (28/29 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 8467

Traxectoria

editar

Médico municipal de hixiene da Pasaxe. Cuñado de Luís Seoane. Afiliado ao Partido Galeguista. Organizou mitins en Perillo, O Burgo e a contorna. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochou na súa casa a republicanos que se atopaban en perigo e colaborou na organización de fugas a territorio controlado polo goberno republicano, sobre todo Asturias. Foi detido o 24 de febreiro de 1937 e a súa casa rexistrada, por axudar ao deputado socialista Luis Rufilanchas que estaba fuxido. Foi procesado xunto con outras 24 persoas polo delito de rebelión militar e xulgado en consello de guerra do 17 ao 19 de maio. Foi condenado a morte con Luis Rufilanchas, Genaro Ruano Sanjurjo, Domingo Rey Lago, Francisco González Agilda, Rotilio Naya Rodríguez, Conrado Naya Rodríguez, Manuel Rúa Losada, Delfino Liñeira Fraga, Juan Sánchez Serantes, Argimiro Aradas Leiro, Francisco Meizoso Veiga, Carlos Ponte Patiño, Nicolás Veiga Núñez, José Santiago García Rey, Manuel Martínez Piñó, Emilio Zufia Moreno, José Méndez Serantes, José Santiago Temprano e Ramón Lea García.[1][2] Foron executados o 11 de xullo de 1937 na Coruña,[3] excepto Conrado Naya, Juan Sánchez, José Santiago, Manuel Martínez, Emilio Zufia, José Méndez e Ramón Lea aos que se lles conmutou a pena por cadea perpetua; Carlos Ponte foi condenado a 15 anos. Emilia Pérez Pazos e Generoso Rumbo Lafuente foron condenados a 20 anos; Enrique Sardinero Rey a 15 anos; José Lombardía Bargos e Luis Duro de La Iglesia foron absoltos.

  1. La Voz de Galicia, 19-5-1937, p. 2.
  2. La Voz de Galicia, 20-5-1937, p. 2.
  3. La Voz de Galicia, 13-7-1937, p. 1.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • A represión franquista na comarca da Coruña. Vidas na memoria. A Coruña: Laiovento. 2011. ISBN 978-84-8487-288-7. 

Ligazóns externas

editar