Xenaro Ruano

dramaturgo e político galego
(Redirección desde «Genaro Ruano Sanjurjo»)

Xenaro Ruano Sanjurjo, nado na Coruña en maio de 1910 e finado na mesma cidade o 11 de xullo de 1937, foi un dramaturgo e político galego.

Infotaula de personaXenaro Ruano
Biografía
Nacementomaio de 1910 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte11 de xullo de 1937 Editar o valor em Wikidata (27 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndramaturgo , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Dirixente das Irmandades da Fala. Dramaturgo, o 2 de decembro de 1935, o cadro artístico Apolo representou a súa comedia dramática Contrabando en el alma no Teatro Rosalía da Coruña, no marco dun festival benéfico-cultural[1]. Colaborou en A Nosa Terra. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 formou parte dun operativo que tentou sacar da Coruña ao deputado socialista Luis Rufilanchas e foi detido con outras vinte e catro persoas a finais de febreiro de 1937.[2] Foi procesado polo delito de rebelión militar e xulgado en consello de guerra do 17 ao 19 de maio. Foi condenado á pena de morte con Luis Rufilanchas, Manuel Fernández López, Domingo Rey Lago, Francisco González Agilda, Rotilio Naya Rodríguez, Conrado Naya Rodríguez, Manuel Rúa Losada, Delfino Liñeira Fraga, Juan Sánchez Serantes, Argimiro Aradas Leiro, Francisco Meizoso Veiga, Carlos Ponte Patiño, Nicolás Veiga Núñez, José Santiago García Rey, Manuel Martínez Piñó, Emilio Zufia Moreno, José Méndez Serantes, José Santiago Temprano e Ramón Lea García.[3][4] Foron executados o 11 de xullo de 1937 na Coruña,[5] excepto Conrado Naya, Juan Sánchez, José Santiago, Manuel Martínez, Emilio Zufia, José Méndez e Ramón Lea aos que se lles conmutou a pena por cadea perpetua; Carlos Ponte foi condenado a 15 anos. Emilia Pérez Pazos e Generoso Rumbo Lafuente foron condenados a 20 anos; Enrique Sardinero Rey a 15 anos; José Lombardía Bargos e Luis Duro de La Iglesia foron absoltos.

Notas editar

  1. La Voz de Galicia, 30-11-1935, p. 7.
  2. As redes de fuga da Galiza franquista promovidas polos nacionalistas
  3. La Voz de Galicia, 19-5-1937, p. 2.
  4. La Voz de Galicia, 20-5-1937, p. 2.
  5. La Voz de Galicia, 13-7-1937, p. 1.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • A represión franquista na comarca da Coruña. Vidas na memoria. A Coruña: Laiovento. 2011. pp. 193–194. ISBN 978-84-8487-288-7. 

Ligazóns externas editar