Manuel Estévez Caneda

político galego

Manuel Estévez Caneda, nado en Bouzas (Vigo) o 8 de novembro de 1824 e finado en Barracas (Buenos Aires) o 23 de abril de 1893, foi un político galego.

Manuel Estévez Caneda
Nacemento8 de novembro de 1824
Lugar de nacementoBouzas
Falecemento23 de abril de 1893
Lugar de falecementoBarracas
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Emigrado á Arxentina, foi procurador nos tribunais de xustiza. En 1856 elixírono concelleiro suplente no municipio de Barracas, onde exerceu tamén como xuíz de paz, administrador de correos (1859-1875) e presidente do Consejo Escolar. Foi alcalde do municipio e en 1880 iniciou a construción dun novo templo parroquial, da nova casa do concello, do teatro Ribadavia e do mercado. Foi comisionado da Asociación Protectora de los Inválidos, socio fundador da Sociedad de Socorros Mutuos de Barracas e simpatizante da asociación Libre Italia e da loxa masónica Hijos del Progreso.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar