Abrir o menú principal

Manuel Corredoira López

xestor educativo galego

Manuel Corredoira López, nado na Coruña en 1955, enxeñeiro industrial pola Universidade Politécnica de Cataluña (UPC) e licenciado en Dereito pola Universidade da Coruña, é o actual titular da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, da Xunta de Galicia.[1]

Manuel Corredoira López
Manuel Corredoira López 2017.jpg
Nacemento1955
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Logo de traballar como enxeñeiro en empresas do sector privado entre 1979 e 1984, a partir desa data ocupou diversos postos no ámbito educativo, inicialmente como profesor de ensino secundario e anos máis tarde como asesor técnico docente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, ata ingresar en 2005 no corpo de Inspectores de Educación.[2][3]

En canto a postos directivos, na Administración galega foi nomeado subdirector xeral de Formación Profesional e Educación de Adultos entre 1998 e 2000, e subdirector xeral de Formación Profesional entre 2009 e 2012. Na Administración central do Estado exerceu como subdirector xeral de Formación Profesional no Ministerio de Educación, Cultura e Deporte entre 2000 e 2004.[4]

O 15 de xuño de 2012 foi nomeado director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en substitución de José Luis Mira Lema, posto que desempeña na actualidade.[5][6]

NotasEditar

  1. Ficha de Manuel Corredoira no Portal de Transparencia e Goberno Aberto. Xunta de Galicia.
  2. "La Xunta y la Universidade da Coruña entrarán a formar parte del Consello Escolar Municipal". La Voz de Galicia, 6 de febreiro de 2006. (...) con la presencia de Manuel Corredoira López, inspector de la Consellería de Educación en la comarca (...).
  3. Orde ECI/2938/2005, do 7 de setembro, pola que (...) se nomean funcionarios de carreira do Corpo de Inspectores de Educación (...). BOE do 23 de setembro de 2005.
  4. Estudio Temático del Aprendizaje de los Adultos. OCDE, 2001. "Equipo de dirección: Manuel Corredoira López, subdirector general de Formación Profesional. Ministerio de Educación, Cultura y Deporte".
  5. "José Luis Mira cesa como director xeral de Educación y será sustituido por Manuel Corredoira". Europa Press. 14 de xuño de 2012.
  6. Decreto 133/2012, do 14 de xuño, polo que se nomea director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa a Manuel Corredoira López. DOG do 15 de xuño de 2012.