Manuel Carreira Vérez

teólogo, filósofo e astrofísico galego


Manuel María Carreira Vérez, nado en Vilarrube (Valdoviño) o 31 de maio de 1931 e finado en Salamanca o 3 de febreiro de 2020,[1] foi un teólogo, filósofo e astrofísico galego.

Infotaula de personaManuel Carreira Vérez
Biografía
Nacemento31 de maio de 1931 Editar o valor em Wikidata
Vilarrube, España Editar o valor em Wikidata
Morte3 de febreiro de 2020 Editar o valor em Wikidata (88 anos)
Salamanca, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Washington - ciencias físicas, cosmoloxía (1966–1970)
Cleveland State University (en) Traducir - ciencias físicas, astronomía (1962–1966)
Cleveland State University (en) Traducir (1961–1962)
West Baden Springs Hotel (en) Traducir - teoloxía (1957–1961)
Universidade Pontificia Comillas - filosofía (1954–1957)
Universidade Católica de América
Universidade de Salamanca Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesor universitario (2002–2015), profesor universitario (2000–2002), profesor universitario (1970–2000), astrofísico , sacerdote católico Editar o valor em Wikidata
Membro de
cátedra (pt) Traducir (2002–2015)
Observatório do Vaticano (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaCompañía de Xesús Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 2620831

Traxectoria editar

Nado en Valdoviño, pasou grande partre da súa infancia en Vilalba. Ingresou na Compañía de Xesús en 1948. Estudou na Universidade de Salamanca lingas clásicas e filosofía na Universidade Pontificia Comillas. No 1957 marchou ós EEUU, licenciándose anos máis tarde en Teoloxía. Ordenouse sacerdote no 1960, en West Waden (EEUU) e continuou a estudar física en Cleveland, doutorándse no 1971 en Washington cunha tese sobre os raios cósmicos titorada por Clyde Cowan. Dende ese ano, ensina Física e Astronomía en Washington e Cleveland, e Filosofía da Natureza na Universidade Pontificia de Comillas en Madrid, dividindo o ano escolar entre ámbolos dous países.[2] Durante quince anos foi membro da directiva do Observatorio Vaticano, onde impartiu cursos e traballou no desenvolvemento de técnicas fotográficas para Astronomía. Asemade, asesorou á NASA e ten publicados varios libros.[3]

Inventou un soporte para prismáticos, polo que se lle concedeu unha patente nos Estados Unidos, e un sistema óptico pregado, referenciado na edición de outubro de 2002 da revista Sky and Telescope.

Obras editar

  • Reason, Science & Revelation (2014) con Julio A. Gonzalo.
  • Metafísica de la materia: Núcleos temáticos de Filosofía de la Naturaleza, materia no viviente (2001) ISBN 978-84-8468-034-5.
  • El hombre y el Universo ¿Somos fruto del azar? (2009) ISBN 978-84-92456-76-5
  • En torno al Darwinismo (2010) ISBN 978-84-936889-7-4

Premios e distincións editar

Medalla Castelao outorgada pola Xunta de Galicia en 1999.[4]

Notas editar

  1. Redacción (2020-02-05). "Fallece el P. Carreira, gran astrofísico español que refutó el ateismo de Hawking". www.elcorreodemadrid.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2020. Consultado o 2020-02-06. 
  2. "Manuel María Carreira Vérez Galegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2020-02-06. 
  3. El Progreso, 06/02/2020
  4. "Decreto del DOG nº 117 de 21/06/1999 - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2020-02-06. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar