Manuel Álvarez Vicente

xornalista, escritor e político galego

Manuel Álvarez Vicente, nado na Guarda o 24 de agosto de 1857 e finado na mesma vila o 2 de marzo de 1936, foi un xornalista, escritor e político galego.

Manuel Álvarez Vicente
Manuel Álvarez Vicente 1933.jpg
Nacemento24 de agosto de 1857
Lugar de nacementoA Guarda
Falecemento2 de marzo de 1936
Lugar de falecementoA Guarda
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e político
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Emigrou a Porto Rico con catorce anos, onde completou a súa formación. Retornou a Galicia con vinte e nove anos, cunha boa posición económica e realizou importantes investimentos. Escribiu obras de teatro (¡Mientras haya flores!, La tertulia de Rolán, Siempre huérfana), colaborou en La Integridad, El Pueblo, Vida Gallega, Heraldo Guardés e Nuevo Heraldo. Foi alcalde da Guarda na ditadura de Primo de Rivera[1], membro da Asemblea Nacional Consultiva como representante dos concellos da provincia de Pontevedra[2] e volveu ser alcalde na Segunda República, dimitindo en decembro de 1932[3]. Foi socio fundador e presidente do Recreo Artístico Guardés e promotor da Sociedade Pro-Monte de Santa Tecla.


Predecesor:
Manuel Otero Lomba
  
Alcalde da Guarda
 
1924 - 1929
Sucesor:
Manuel Lomba Peña
Predecesor:
Manuel Lomba Peña
  
Alcalde da Guarda
 
1931 - 1932
Sucesor:
Agustín González Sobrino

ObrasEditar

 
Manuel Álvarez Vicente, 1909.
  • O Tecla.
  • Publicaciones del escritor y poeta Manuel Álvarez Vicente, 2002.

RecoñecementosEditar

En 1982 dedicóuselle unha rúa na Guarda.

Vida persoalEditar

Casou con María Sánchez Montalvo, que finou en 1921[4], e foi pai de Manuel María de Jesús, Luís, Benigno, Margarita, José Benito, Nemesio e Rafael Álvarez Sánchez.[5]

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar