Manuel Álvarez Silva
Manuel Álvarez Silva, coñecido por Silva, nado en Ourense en 1905[1] e finado en Barbadás o 18 de novembro de 1946, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1905 Ourense, España |
Morte | 18 de novembro de 1946 (40/41 anos) Bentraces, España |
Causa da morte | morte en combate, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | maquis |
Membro de | |
Carreira militar | |
Conflito | guerra civil española |
Traxectoria
editarNatural de Ourense, era militante do Partido Comunista de España nesa cidade e ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 botouse ao monte formando un grupo guerrilleiro que actuaba na zona entre Ourense e Ribadavia e que tiña tamén a misión de enlazar coa dirección comunista localizada en Vigo. Unha vez rematada a guerra encadrouse na II Agrupación da Federación de Guerrillas de León-Galicia e participou en boa parte das accións contra falanxistas na provincia de Ourense. O 16 de agosto de 1946 o seu grupo abateu o garda civil Leonardo González Cabra nun enfrontamento. Morreu o 18 de novembro de 1946[1] en Bentraces (Barbadás), na estrada Ourense-Celanova, xunto con outro guerrilleiro de nacionalidade portuguesa, no decurso dunha emboscada da Garda Civil; un terceiro guerrilleiro, ferido, logrou fuxir.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Heine, Hartmut (1982). A guerrilla antifranquista en Galicia. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-011-6.
- Máiz, Bernardo (1988). Galicia na II República e baixo o franquismo. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-320-4.
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 37. ISBN 84-8485-231-8.