Abrir o menú principal

Manuel da Ventosela

poeta galego (1907-1944)
(Redirixido desde "Manuel Álvarez Rivero")

Manuel Álvarez Rivero, coñecido como Manuel da Ventosela, nado en Novás (O Rosal) o 29 de marzo de 1907 e finado no mesmo concello o 7 de novembro do 1944, foi un poeta galego.

Manuel da Ventosela
Manuel de Ventosela 1933.jpg
Manuel de Ventosela, retrato en Vida Gallega, 1933.
Nacemento29 de marzo de 1907
 O Rosal
Falecemento7 de novembro de 1944
 O Rosal
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpoeta
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Con 14 anos emigrou a Sevilla onde traballou no comercio co seu tío Francisco Lorenzo Fernández. Volveu a Galicia a facer o Servizo Militar en Ferrol. Publicou poemas e relatos en Heraldo Guardés, El Pueblo Gallego, Vida Gallega, Nuevo Heraldo e Alma Gallega. En 1932 publicou o poemario Lágrimas del corazón. Voveu de Sevilla para incorporarse á guerra no bando franquista e escribiu poesía e crónicas en diversos xornais. Ao rematar a guerra foi concelleiro no Rosal e depositario municipal. Entre 1942 e 1943 formou parte da directiva da Sociedade Liga de Amigos, da que foi secretario e bibliotecario.

En 2007 o concello do Rosal editou Novos poemas de Manuel da Ventosela en galego e castelán.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar