Maite Pagazaurtundúa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2018.) |
María Teresa Pagazaurtundúa Ruiz,[1] nada en Hernani, Guipúscoa, en 1965, máis coñecida como Maite Pagazaurtundúa ou Maite Pagaza, é unha política, activista e escritora española. Na actualidade é deputada do Parlamento Europeo, onde é vicepresidenta do Grupo da Alianza de Liberais e Demócratas Europeos ALDE e portavoz de Unión Progreso e Democracia no Parlamento Europeo. Defínese como unha socialdemócrata defensora da liberdade, a xustiza e a igualdade.
Maite Pagazaurtundúa | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 11 de febreiro de 1965 |
Lugar de nacemento | Hernani |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Deusto |
Ocupación | política e escritora |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Biografía Editar
Naceu en Hernani en 1965 no seo dunha familia traballadora. A súa nai, Pilar Ruiz, foi refuxiada de guerra e co tempo converteuse tamén en activista polas liberdades en Euskadi. É a menor de tres irmáns. Un deles, Joseba Pagazaurtundúa, foi asasinado por ETA en 2003 tras anos de ameazas, acoso e agresións.
Estudou nunha Ikastola, polo que é unha das poucas políticas vascas non nacionalistas bilingüe en español e éuscaro. Licenciouse en Filoloxía Hispánica e en Filoloxía Vasca pola Universidade de Deusto. Tamén cursou estudos de Dereito en éuscaro. Sufriu unha agresión na facultade pola que tivo que abandonar as clases presenciais.
Durante a súa mocidade estableceu a súa residencia en Donostia. Tras anos de acoso, persecución e agresións, e especialmente tras o asasinato do seu irmán Joseba a mans de ETA, tivo que trasladarse xunto á súa familia, por recomendación policial, fóra do País Vasco. Está casada e ten dúas fillas.