Lingua arromanesa

lingua románica oriental
(Redirección desde «Macedorromanés»)

O arromanés,[2] tamén coñecido como macedorromanés[2] (limba armãneascã, armãneashti ou armãneshce) é un idioma do conxunto das linguas romances orientais falado no Sueste de Europa por 300 mil persoas do pobo arromanés.

Arromanés
armãneashce
Outros nomes:armãneashti, limba armãneascã
Falado en: Grecia Grecia
Albania
Romanía Romanía
Macedonia do Norte Macedonia do Norte
Serbia Serbia
Bulgaria Bulgaria
Total de falantes: 300.000
Familia: Indoeuropea
 Itálica
  Románica
   Románica oriental
    Balco-románica
     Arromanés
Escrita: alfabeto latino
(variante arromanesa)
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Recoñecida como lingua minoritaria en Macedonia do Norte
Regulado por: Non ten regulación oficial
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: rup
ISO 639-3: rup
Mapa
Status

O arromanés está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

Comparte semellanzas co romanés, mais a diferenza deste que tivo influencias das linguas eslavas, o arromanés tivo influencia do grego. Algúns filólogos non o consideran un idioma separado, senón só un dialecto arcaico do romanés. Unha das súas características fonéticas peculiares é a perda do f- inicial latino (do mesmo xeito que en castelán): ferrum → her ("ferro"), aínda que este mesmo trazo compárteo tamén co meglenorromanés.

Este idioma actualmente é falado en comunidades espalladas entre os seguintes estados: Estados Unidos, Francia, Australia, Alemaña, Grecia, Bulgaria, Romanía, Macedonia do Norte, Albania e Serbia; tal dispersión explícase porque durante séculos a maior parte dos arromaneses (chamados outrora polos eslavos "kutzovalacos" e, dadas as semellanzas no seu modo de vida cos rom ou xitanos, "tsintaros") viuse forzada a un modo de vida transhumante en carromatos, seguindo circuítos dentro do sur da Península dos Balcáns.

Exemplo da lingua editar

Tatã a nostru
cai eshci pi tser,
s-ayisascã numa a Ta,
s-yinã Amirãrilja a Ta,
s-facã vreare-a Ta,
cum pi tserlu,
ashi sh-pisti loc.
Pãne-a nostrã atsea di cathi dzuã dã-nã-u sh-azã
shi ljartã-nã amãrtiile-a noastre
ashi cum lji-ljirtãm sh-a amãrtoshlor a noshci.
Shi nu nã-du la pirazmo,
ala aveaglji-nã di atsel arãulu.
Cã a Ta easte Amirãrilja shi puteare
a Tatãlui shi Hiljlui shi a Ayului Spirit,
torã, totãna shi tu eta-a etilor.
Amen.

(o Noso Pai - fonte)

Tuti iatsãli umineshtsã s-fac liberi shi egali la nãmuzea shi-ndrepturli. Eali suntu hãrziti cu fichiri shi sinidisi shi lipseashti un cu alantu sh-si poartã tu duhlu-a frãtsãljiljei.

(Artigo 1 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos)

Notas editar

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. 2,0 2,1 "Arromanés". TERGAL. Consultado o 23 de outubro de 2019. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar


 
 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.