Músculo flexor curto do maimiño

O músculo flexor curto do maimiño é un músculo do membro superior humano pertencente á man. Está situado por fóra do músculo abdutor do maimiño na eminencia hipotenar. Orixínase no gancho do ganchudo e nas zonas adxacentes nas vainas extensoras. Insírese na superficie medial da base da falanxe proximal do maimiño.

Función editar

Flexiona a articulación carpometacarpiana.

Innervación editar

Está innervado pola póla fonda do nervio cubital, coma o resto da eminencia hipotenar.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Gray. Anatomía para estudiantes. Miembro superior (en castelán).