Articulacións carpometacarpianas
As articulacións carpometacarpianas son un conxunto de articulacións do membro superior humano, situadas na man.
Articulacións carpometacarpianas | |
---|---|
Ligamentos e articulacións do pulso. | |
Latín | articulationes carpometacarpeæ |
Gray's | pág.330 |
Superficies articulares
editarAs superficies articulares son os cinco metacarpianos e os ósos da fileira distal do carpo.
Funcións
editarA articulación entre o primeiro metacarpiano e o óso trapecio é unha articulación especial, por encaixe recíproco, o que lle confire unha grande mobilidade. A articulación permite a oposición do polgar respecto da man.
As outras catro articulacións son de moita menor funcionalidade, con pequenos movementos de deslizamento. As articulacións máis externas son lixeiramente máis móbiles que as externas. Polo tanto, a articulación do quinto metacarpiano e o óso ganchudo é a menos móbil.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Gray. Anatomía para estudiantes. Miembro superior (en inglés)