Articulación carpometacarpal do dedo polgar

A articulación carpometacarpal é unha articulación do membro superior humano, que artella o carpo co metacarpo. Existen cinco articulacións carpometacarpais en cada man.

Articulación carpometacarpal do dedo polgar
Ligamentos do pulso, vista posterior
Latín articulationes carpometacarpeæ
Gray's pág.328

A articulación entre o primeiro óso metacarpiano e o óso trapecio é lixeiramente diferente ao resto, para permitir unha meirande mobilidade a este dedo.

Ligamentos editar

As articulacións carpometacarpais están reforzadas por varios ligamentos:

Ligamento cruzado anterior oblicuo editar

É un ligamento groso, forte e extracapsular, que se estende entre o tubérculo maior do óso trapecio e o tubérculo maior do primeiro óso metacarpiano. Ténsase en abdución, extensión e pronación.

Ligamento colateral cubital editar

Orixínase no retináculo flexor do pulso e se insire no tubérculo maior do primeiro óso metacarpiano.

Ligamento intermetacarpal primario editar

Insírese entre as bases do primeiro óso metacarpiano e o segundo óso metacarpiano.

Ligamento oblicuo posterior editar

Insírese no tubérculo do óso trapecio e o primeiro óso metacarpiano.

Ligamento dorsorradial editar

Discorre entre o óso trapecio e o primeiro óso metacarpiano.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.