Músculo abdutor do maimiño

O músculo abdutor do maimiño é un músculo do membro superior humano, pertencente á man. Está situado por riba do músculo opoñente do polgar, e forma parte da eminencia hipotenar. Orixínase no óso piriforme, no ligamento pisiganchoso e no tendón do flexor ulnar do carpo. Insírese na superficie medial da base da falanxe proximal do maimiño.

Función editar

O abdutor do maimiño abduce a articulación carpometacarpiana.

Innervación editar

Coma o resto da eminencia hipotenar está innervada pola póla fonda do nervio cubital.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Gray. Anatomía para estudiantes. Miembro superior (en castelán).