Óso ganchudo
(Redirección desde «Ganchudo (óso)»)
O ganchudo é un óso pertencente á fileira distal do carpo. É o óso máis interno ou medial do carpo, e na súa parte anterior posúe un gancho, que é palpable baixo a pel. Constitúe o límite interno do arco do carpo.
O ganchudo artéllase por enriba co piramidal e co semilunar. Por fóra artéllase co óso grande. Por debaixo artéllase co cuarto e quinto metacarpianos.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Gray. Anatomía para estudiantes. Miembro superior (en castelán)