Mámoa do Rei (Redondela)

dolmen en Trasmañó, Redondela

Coordenadas: 42°16′14″N 8°37′43″O / 42.270556, -8.628611

A Mámoa do Rei é unha mámoa pertencente ao complexo arqueolóxico de Monte Penide, na parroquia de Trasmañó ou na de Negros[1] (Redondela).

Mámoa do Rei, no Monte Penide.

Características editar

A mámoa posúe planta poligonal orientada cara ao leste e conserva seis ortóstatos ou lousas que forman no seu interior unha cámara. O túmulo de terra é dun diámetro de 15 metros e uns 2,5 de altura.[2]

O estado de conservación está alterado por mor de causas humanas, coma estradas asfaltadas ou postes telefónicos. Ademais, existen diversas raposeiras e vexetación propia do bosque que altera o túmulo. No seu interior foron atopados restos arqueolóxicos prehistóricos, coma cerámicas, ferramentas de pedra, punta de frecha de sílex e outros enxovais.[3].

Na actualidade está catalogada coma Ben de Interese Cultural.[4].

Notas editar

  1. Antonio Pinacho (24.11.2010). "Los comuneros de Negros cederán terrenos para el parque arqueológico de Monte Penide". Faro de Vigo. 
  2. "Ficha da Mámoa do Rei" (PDF). AGADER. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de xaneiro de 2014. Consultado o 16 de xaneiro de 2014. 
  3. "Diagnóstico socioeconómico do concello de Redondela. Capítulo 4: Recursos culturais e patrimonio" (PDF). Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Consultado o 17 de xaneiro de 2014. 
  4. "Mámoa do Rei, Ben de Interese Cultural" (PDF). Diario Oficial de Galicia. Consultado o 17 de xaneiro de 2014. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar