Abrir o menú principal

Lutra sumatrana
Exemplar en Camboxa.
Exemplar en Camboxa.
Estado de conservación
En perigo
En perigo[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Carnivora
Familia: Mustelidae
Xénero: Lutra
Especie: Lutra sumatrana
(Gray, 1865)
Área de distribución

Área de distribución

Lutra sumatrana[2] é unha especie de mamífero mustélido endémico do Sueste Asiático e unha das especies de londra máis raras e menos coñecidas. Está ameazada pola perda de recursos naturais e o furtivismo.[1][3] Comparte o xénero Lutra coa londra común euroasiática (L. lutra).

DescriciónEditar

 
Ilustración de John Gerrard Keulemans, 1878[4]

Esta londra ten un pelame marrón curto que se fai máis claro no ventre. O seu rinario está cuberto de pelos curtos. O seu beizo superior e mentón son abrancazados. Algúns individuos son de cor castaña avermellada. Ten un corpo longo, cola delgada e pés totalmente palmados con garras prominentes. A lonxitude da cabeza e corpo é de 57,5 a 82,6 cm, a lonxitude da cola de 35 a 50,9 cm e o peso de 5 a 8 kg.[3] O seu cranio é máis aplanado que o da londra asiática Lutrogale perspicillata e ten dentes máis pequenos.[5] Os seus pés dianteiros teñen unha largura de 5,8 cm e son menores que os traseiros, que son de 6,6 cm.[6]

Distribución e hábitatEditar

Vive no Sueste asiático, desde o sur de Tailandia, Camboxa, sur de Vietnam e Malaisia peninsular ata Sumatra e Borneo. A especie está baixo constante ameaza polo furtivismo e posiblemente está extinta na India, Myanmar e Brunei.[1]

En Tailandia foi rexistrada no bosque do pantano de turba de Pru Toa Daeng e en áreas arredor do río Bang Nara.[6][7][8] Habita principalmente en bosques inundados de zonas baixas con vexetación clímax en tres niveis: unha zona forestal primaria, unha zona forestal secundaria constituída por Melaleuca cajuputi, e unha terceira zona de pasteiros. Estes niveis fan que sexa difícil de penetrar no seu hábitat, o que lle dá protección ante as molestias causadas polos humanos e refuxio ante os predadores. O hábitat do río Bang Nara, onde se descubriron algunhas comunidades, é mareal. As dúas reservas en Vietnam son ambas bosques de pantanos de turba, rodeados das árbores Melaleuca cajuputi de 15 m de alto, cubertos de densas lianas, como Stenochlaena palustris na súa zona primaria, e unha segunda zona de prados de Eleocharis dulcis. Estas dúas reservas vietnamitas teñen moitas canles e plantas acuáticas flotantes como Eichhornia crassipes, Pistia stratiotes, Salvinia cucullata e Ipomoea aquatica, onde o animal pode cazar e xogar, rodeadas de arrozais como terceira zona de tamponamento.[3]

En Camboxa foi rexistrada en bosques inundados de terras baixas arredor do lago Tonle Sap.[9] Mesmo nestes lugares, só se coñece a súa presenza por un pequeno número de avistamentos e algúns atropelos por vehículos e polas peles atopadas.

En Vietnam, foi avistado e rexistrado con cámaras trampa no Parque Nacional de U Minh Thuong en 2000, onde tamén se atoparon feces con escamas de peixes e restos de cangrexos.[10] En 2008, tamén se detectou no Parque Nacional de U Minh Ha.[11]

En Sumatra rexistráronse atropelos desta especie na estrada do río Musi en 2005.[12]

En Sabah os rexistros históricos datan de finais do século XIX. En 2010, rexistrouse por primeira vez un individuo con cámara trampa na Reserva Forestal de Deramakot casualmente. En 2016, observáronse varios individuos na Reserva de Vida Silvestre de Tabin.[13]

Ecoloxía e comportamentoEditar

 
Espécime nun zoo tailandés

Vive en áreas costeiras e en grandes ríos interiores, solitaria ou en grupos de ata catro individuos. A súa dieta inclúe peixes, como o siluriforme Clarias batrachush, os das familias Channidae e Anabantidae, e cobras acuáticas, moluscos e crustáceos.[14] Durante a estación seca, os individuos aliméntanse en canles de drenaxe e lagoas.[3]

O emparellamento de machos e femias está limitado ao período reprodutor. A chamada de contacto entre estas londras é un trilo dunha soa sílaba. As femias adultas chaman as crías cun trilo staccato.[5] Non se sabe moito sobre os seus hábitos reprodutores. As poboacións do delta do Mekong posiblemente se reproducen en novembroe decembro e en Camboxa entre novembro e marzo. O período de xestación dura arredor de dous meses. Observouse unha familia cos dous proxenitores e as crías en decembro e febreiro.[1]

ConservaciónEditar

É a especie de londra máis rara de Asia, e probablemente está a piques de extinguirse na parte norte da súa área e cun status inseguro no resto. Só quedan unhas poucas poboacións, moi separadas unhas das outras na rexión. A especie está ameazada pola perda de hábitats húmidos nas terras baixas, a caza que sofre pola súa pel e carne e a morte accidental durante a pesca.[1]

En catividadeEditar

En xuño de 2008, o equipo de rescate rápido de vida silvestre dirixido pola Wildlife Alliance recibiu a doazón dunha destas londras capturada preto do Tonle Sap de Camboxa. Traballando conxuntamente con Conservation International, estableceron un fogar seguro para este exemplar no Centro de rescate de vida silvestre de Phnom Tamao, pero a londra, que estivera frecuentemente enferma durante a súa vida en catividade, morreu por causas descoñecidas en febreiro de 2010. Dito centro de Phnom Tamao rescatou outro exemplar en xullo de 2010 coa esperanza de que formase parte dun programa de crianza en catividade. Este é actualmente o único exemplar desta especie que se ten en catividade.[3]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Aadrean, A.; Kanchanasaka, B.; Heng, S.; Reza Lubis, I.; de Silva, P.; Olsson, A. (2015). "Lutra sumatrana". The IUCN Red List of Threatened Species. IUCN. 2015: e.T12421A21936999. doi:10.2305/IUCN.UK.2015-2.RLTS.T12421A21936999.en. Retrieved 30 October 2018.
  2. Wozencraft, W.C. (2005). "Order Carnivora". En Wilson, D.E.; Reeder, D.M. Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference (en inglés) (3ª ed.). Johns Hopkins University Press. pp. 532–628. ISBN 978-0-8018-8221-0. OCLC 62265494. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Wright, L.C., Olsson, A. and Kanchanasaka, B. (2008). "A Working Review of the Hairy-Nosed Otter (Lutra sumatrana)". IUCN Otter Specialist Group Bulletin 25 (1): 38−59. 
  4. Anderson, J. (1878). "Lutra sumatrana, Gray". Anatomical and zoological researches: comprising an account of the zoological results of the two expeditions to western Yunnan in 1868 and 1875; and a monograph of the two cetacean genera, Platanista and Orcella. Second Volume − Plates. London: Bernard Quaritch. pp. Plate X. 
  5. 5,0 5,1 Payne, J.; Francis, C. M.; Phillipps, K. (1985). A field guide to the mammals of Borneo. Kota Kinabalu, Sabah, Malaysia: Sabah Society. ISBN 9679994716. OCLC 21150449. 
  6. 6,0 6,1 Kanchanasaka, B. K. (2001). "Tracks and Other Signs of the Hairy-Nosed Otter (Lutra sumatrana)". IUCN Otter Specialist Group Bulletin 18 (2): 57–63. 
  7. Kanchanasakha, B.K. (2007). "Food Habitats of the Hairy-nosed Otter (Lutra sumatrana) and the Small-clawed Otter (Amblonyx cinerea) in Pru Toa Daeng Peat Swamp Forest, Southern Thailand". Presentation at Xth International Otter Colloquium. Hwacheon, South Korea. 
  8. Lekakul, B.; McNeely, J. (1977). Mammals of Thailand. Laprao, Thailand: Kurusaphra Press. 
  9. Poole, C. M. (2003). "The first records of Hairy-nosed Otter Lutra sumatrana from Cambodia with notes on the national status of three other otter species" (PDF). Natural History Bulletin Siam Society 51 (2): 273–280. Consultado o 12 July 2016. 
  10. Nguyen, X. D.; Pham, T. A. & Le, H.T. (2001). "New Information about the Hairy-Nosed Otter (Lutra sumatrana) in Vietnam". IUCN Otter Specialist Group Bulletin 18 (2): 64–75. 
  11. Willcox, D., Bull, R., Nguyen V. N., Tran Q. P. and Nguyen V. T. (2017). "Small carnivore records from the U Minh Wetlands, Vietnam". Small Carnivore Conservation (55): 4–25. 
  12. Lubis, R. (2005). "First Recent Record of Hairy-Nosed Otter in Sumatra, Indonesia". IUCN Otter Specialist Group Bulletin 18 (1): 14–20. 
  13. Ishigami, J., Ambu, L.N., Tuuga, A. and Tsubouchi, T. (2017). "The second recent record of Hairy-nosed Otter (Lutra sumatrana) in Sabah, Malaysia" (PDF). IUCN Otter Specialist Group Bulletin 34 (2): 67−72. 
  14. Nguyen, X.D., Pham, T.A. and Le, H.T. (2001). "New Information about the Hairy-Nosed Otter (Lutra sumatrana) in Vietnam". IUCN Otter Specialist Group Bulletin 18 (2): 64−75.