Lista de personaxes de Harry Potter

artigo de listas da Wikimedia
(Redirección desde «Luna Lovegood»)

A continuación móstrase unha lista cos personaxes máis importantes que saen nos libros da saga Harry Potter, creados pola escritora británica J. K. Rowling.

Principais

editar

Trío protagonista

editar

Harry Potter

editar
Artigo principal: Harry James Potter.

É o protagonista principal dos libros, e arredor de quen xiran os sucesos que ocorren no libro. Naceu o 31 de xullo de 1980. Vive cos seus tíos desde que tiña 1 ano de idade debido a que seus pais, Lily e James Potter, foron asasinados por lord Voldemort. É a única persoa que sobreviviu a unha maldición Avada Kedavra (esconxuro que produce a morte instantánea); mentres que a única marca visible que lle quedou foi unha cicatriz con forma de raio na fronte. Isto foi o que o levou a recibir os alcumes de "O neno que viviu" e "O elixido". Os seus amigos máis achegados en Howarts son Ron e Hermione, pero tamén ten unha relación moi próxima con Hagrid, o gardabosques de Hogwarts e con Albus Dumbledore, o director do colexio. Ademais, no colexio, pertence á casa Gryffindor, coñecida por pertencer a ela alumnos con valor.

Ron Weasley

editar
Artigo principal: Ron Weasley.

Naceu o 1 de marzo de 1980. É o mellor amigo de Harry dende que ámbolos dous entraron como alumnos no seu primeiro ano en Hogwarts. Todos os membros da familia son meigos de vello. Ten 5 irmáns máis vellos e unha irmá máis nova. A pesar de que polo xeral sempre está con Harry cando este vive unha aventura, Ron sempre é relegado a un segundo plano pola fama do seu amigo. Como el, tamén pertence á casa Gryffindor.

Hermione Granger

editar
Artigo principal: Hermione Granger.

Naceu o 19 de setembro de 1979. É a mellor amiga de Harry e Ron. É filla de muggles, e a mellor estudante do curso no que están en Hogwarts. Encántalle ler e opina que todo o que vale a pena saber, pódese ler nun libro. É un ano maior que Harry e Ron. Coma eles, tamén forma parte da casa Gryffindor.

Outros principais

editar

Albus Dumbledore

editar
Artigo principal: Albus Dumbledore.

É o director de Hogwarts e o mago máis poderoso da súa época. Durante os seus últimos anos de vida ocupouse, indirectamente, da educación de Harry Potter e de ensinarlle a única forma de vencer a Voldemort. Foi asasinado por Severus Snape), o Príncipe Mestizo, no sexto libro. Ademais, foi o único mago ao que Voldemort temeu. Trala súa morte, o mundo máxico entristece, e ao longo do sétimo libro Harry descobre que non ten un pasado tan brillante como el cría.

Lord Voldemort

editar
Artigo principal: Lord Voldemort.

É o antagonista da saga. O seu verdadeiro nome é Tom Morlov Riddle (Tom Marvolo Riddle nas edicións en inglés). Trátase do mago escuro máis grande de tódolos tempos. Ademais, é a persoa que máis avanzou en cuestión das artes escuras e a única capaz de alcanzar a inmortalidade. É o líder dos devoradores da morte, aos que utiliza para levar acabo as tarefas que el mesmo non quere (ou pode) realizar. É descendente directo de Salazar Slytherin, e herdou del a súa habilidade para falar coas serpes (a lingua pársel). Perdeu o seu corpo ao intentar, sen éxito, matar a Harry Potter, e logo intentou recuperalo. Logrou volverse xerar no cuarto libro grazas ó sangue de Harry e de maxia escura, axudado por Rabeleiro e dende entón está a desenvolver novos proxectos. Creou seis Horcrux, dividindo a súa alma en sete partes, para intentar ser inmortal, e así, poder acabar con Harry.

Severus Snape

editar
Artigo principal: Severus Snape.

É un profesor de Hogwarts, ten con Harry Potter un profundo sentimento de odio mutuo. Nos seus días de mocidade sufría as burlas e ataques do pai de Harry e os seus amigos. É un mago moi poderoso con grandes habilidades escuras, ademais de enormes coñecementos acerca de pocións, legeremancia e oclumancia. Foi devorador da morte durante un tempo, pero logo entrou ao servizo de Dumbledore como espía. Máis adiante, porén, convértese nun dobre espía ao servizo de Dumbledore e Voldemort, e non está claro de que lado está realmente. No sexto libro, descóbrese que segue sendo devorador da morte tras asasinar a Dumbledore coa maldición imperdoable Avada Kedavra. Non obstante, no sétimo libro compróbase que non é tan malo como parece, xa que, en realidade, amou dende pequeno á nai de Harry, Lily Evans.

Minerva McGonagall

editar
Artigo principal: Minerva McGonagall.

É a subdirectora de Hogwarts e xefa da casa Gryffindor, que trala morte de Dumbledore pasa a ser a directora do colexio. Está sempre disposta a axudar no que sexa aos alumnos que a precisen. Como profesora, imparte a clase de Transformacións.

Draco Malfoy

editar
Artigo principal: Draco Malfoy.

Naceu o 5 de xuño. É inimigo de Harry Potter e de case tódolos seus amigos. A familia é de meigos de vello. É fillo de devoradores da morte e a partir do sexto libro el mesmo se converte nun. Pertence á casa Slytherin e despreza aos fillos de lameiro.

Sirius Black

editar
Artigo principal: Sirius Black.

É o padriño de Harry Potter. Era o mellor amigo do pai de Harry, James Potter. Foi levado a Azkaban, (o cárcere do mundo máxico) por un crime que non cometeu. No terceiro libro, porén, logra escapar e poñerse en contacto con Harry, para logo fuxir. Ademais, é un animeigo; pode transformarse nun can. Morreu no quinto libro ás mans da súa curmá Bellatrix Lestrange.

Rubeus Hagrid

editar
Artigo principal: Rubeus Hagrid.

É o gardabosques de Hogwarts. Foi o que entregou a Harry aos seus tíos por orde de Dumbledore, e tamén o que o foi buscar para que comezase as súas clases no colexio. El e Harry son grandes amigos case dende que se coñeceron. No terceiro libro consegue un posto como profesor impartindo a materia de Coidado das criaturas máxicas na que ensina como familiarizarse con moi diversas criaturas. No cuarto libro, revélase que Hagrid é un semixigante (de nai xigante e pai mago).

Secundarios

editar

Albus Severus Potter

editar

Albus Severus Potter é un personaxe de ficción da saga Harry Potter, escrita pola novelista inglesa J. K. Rowling. É o segundo fillo de Harry e de Ginny Weasley.

Ten o cabelo negro e os ollos verdes. Recibe o seu nome de, segundo Harry di, dous grandes directores de Hogwarts: Albus Dumbledore e Severus Snape.

No sétimo (e último) libro da saga, Harry Potter e as reliquias da morte, sae no derradeiro capítulo, o epílogo, titulado "Dezanove anos despois". Ten once anos e en breve irá a Hogwarts, a escola de magos, preocupándolle que o seleccionen para a casa Slytherin.

Neville Longbottom

editar

Neville Longbottom é un personaxe da saga Harry Potter, escrita pola británica J. K. Rowling. Na serie de filmes de Harry Potter é interpretado por Matthew Lewis.

É o fillo duns importantes aurores que foron torturados no pasado polos devoradores da morte ata que os deixaron tolos para o resto dos seus días. Neville ten fama de alumno despistado e zoupón pero a realidade non é así.

Neville é un membro da casa Gryffindor en Hogwarts, e a valentía e a coraxe, xunto coa nobreza de corazón son as calidades que un meigo debe ter para entrar nesa casa. Neville é valente e iso demóstrase no último libro onde el é o encargado de librarse dos devoradores da morte que lord Voldemort enviou ó castelo de Hogwarts para a batalla final. Neville é capaz de probarse a si mesmo e de facerlle ver á súa avoa (coa que vive) que el pode e vale o mesmo ou máis que calquera Gryffindor.

Luna Lovegood

editar

Luna Lovegood (nada c. 1981) é un personaxe de ficción da serie literaria de Harry Potter, un ano máis nova có protanista, preséntasenos como excéntrica e aparece sempre cun colar feito con rollas de cervexa de manteiga. Sempre co pelo desguedellado e con trazas de non estar limpo é moi intelixente e boa, disposta en todo momento a axudar a Harry.

Na película Harry Potter e a Orde do Fénix interpreta o papel a actriz irlandesa Evanna Lynch.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar