Luke Walton
Luke Theodore Walton, nado o 28 de marzo de 1980 en San Diego (California) é un ex xogador e actual adestrador de baloncesto estadounidense. É fillo do mítico xogador dos 80 Bill Walton. Mide 2,03 metros e xogaba de ala.
![]() | |
Posición | Ala / Ala-pivote |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 28 de marzo de 1980 (43 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 2,03 m (6 ft 8 in) |
Peso oficial | 107 kg (235 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | University of San Diego High School |
Universidade | Arizona (1999–2003) |
NBA Draft | 2006 / Rolda: 2 / Elección: 32 Por Los Angeles Lakers |
Carreira | 2003–2013 |
Historial de equipos | |
Los Angeles Lakers (2003–2012) Cleveland Cavaliers (2012–2013) | |
Premios e galardóns | |
Como xogador: 2× Campión da NBA (2009, 2010) Como adestrador: 1× Campión da NBA (2015) |
Traxectoria deportiva Editar
Universidade Editar
Walton xogou durante catro tempadas nos Wildcats da Universidade de Arizona. A súa mellor tempada foi a terceira, como júnior, que conseguiu unhas estatísticas de 15,7 puntos, 7,3 rebotes, 6,3 asistencias e 1,6 roubos de balón. se graduou en 2002.
Profesional Editar
Foi elixido no Draft da NBA de 2003, no posto 32 da segunda rolda, por Los Angeles Lakers. Durante as súas tres primeiras tempadas, apenas dispuxo de minutos para demostrar a súa valía. Está considerado como un xogador dun enorme potencial de recursos técnicos, polivalente e áxil, e por fin na tempada 2006-07 conseguiu dispor de minutos e unha media de 11,6 puntos, 4,8 rebotes e 4,3 asistencias. Na tempada 2007/08 gañou co seu equipo as finais de conferencia fronte a San Antonio, aínda que perderon as finais fronte aos Boston Celtics.
Na tempada 2008/09, coa saída do equipo de Vladimir Radmanović, recuperou a titularidade, sumou máis minutos e colaborou en lograr o anel para a franquía de California.
O 15 de marzo de 2012, foi traspasado aos Cleveland Cavaliers xunto a unha elección de primeira rolda do Draft de 2012 a cambio de Ramon Sessions, Christian Eyenga.[1]
Notas Editar
- ↑ "Lakers Shore Up Backcourt". Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2012. Consultado o 15 de marzo de 2012.
Véxase tamén Editar
Ligazóns externas Editar
- Ficha en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas de Luke Walton Arquivado 23 de outubro de 2013 en Wayback Machine. (en inglés)