Luis Otero Bobillo

mestre, escritor e político galego

Luis Otero Bobillo, nado en Sandiás e finado en Piñeira de Arcos en marzo de 1981, foi un mestre, escritor e político galego.

Infotaula de personaLuis Otero Bobillo
Biografía
NacementoSandiás, España Editar o valor em Wikidata
Mortemarzo de 1981 Editar o valor em Wikidata
Piñeira de Arcos, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Oímbra
Alcalde de Sandiás
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , escritor , político Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosLuis Otero Quintas Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Mestre interino do Mosteiro (Xinzo de Limia) en 1936, foi mobilizado e combatiu na guerra.[1] Ao rematar a guerra reincorporouse como mestre na escola de Lamas.[2] Aprobou as oposicións de Maxisterio en 1942. En 1946 foi destinado a Vilar de Santos.[3] En 1954 trasladouse a Oímbra.[4] No franquismo foi alcalde de Oímbra nos anos cincoenta. Mestre da Corga foi nomeado alcalde de Sandiás o 11 de agosto de 1969, permanecendo no cargo ata as primeiras eleccións democráticas.

Escribiu contos e colaborou en Sonata Gallega. Foi galardoado co premio nacional Luis María Sobredo en 1961.[5] Foi correspondente de La Región en Sandiás. Finou en Piñeira de Arcos en marzo de 1981.[6]

Predecesor:
?
  
Alcalde de Oímbra
 
1955 - 1957
Sucesor:
Jesús Carlos Atanes Vilaboa
Predecesor:
Vicente Santana Feijóo
  
Alcalde de Sandiás
 
1969 - 1979
Sucesor:
Concepción Méndez Gándara

Obras editar

  • Cinco cuentos y nada más, 1947,
  • Vida de Santa Marina en romances, 1950.

Vida persoal editar

Casou con Benita Quintas Santana e foi pai de Luis Otero Quintas.

Notas editar

  1. La Región, 22-1-1937, p, 2.
  2. La Región, 24-8-1939, p, 3.
  3. El Correo Gallego, 30-7-1946, p. 4.
  4. La Región, 10-8-1954, p. 2.
  5. La Región, 17-11-1961,
  6. "La democracia maestra de Luis Otero Bobillo", La Voz de Galicia, Ourense, 31-3-1981, p. 23.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar