Abrir o menú principal

Concepción Méndez Gándara

política galega

María Concepción Méndez Gándara é unha mestra e política galega do PPdeG.

Concepción Méndez Gándara
María Concepción Méndez Gándara .jpg
Nacementoséculo XX
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítica
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Mestra de profesión, foi alcaldesa do concello de Sandiás durante 36 anos, dende as primeiras eleccións democráticas ata o ano 2015. Sendo unha das pioneiras en Galicia, no que ó servizo público se refire, xa que foi unha das 104 alcaldesas de España elixidas o 3 abril de 1979. Delas soamente 7 en Galicia, 6 na provincia de Ourense.

Entrou en política no ano 1979 da man de Euloxio Gómez Franqueira e Pío Cabanillas Gallas, presentándose pola UCD de Sandiás nas eleccións de abril de 1979, resultando elixida por maioría absoluta.

Delegada na III Asamblea provincial da UCD (1980) e compromisaria nas diferentes asembleas provinciais da UCD de Ourense. Así como, no II Congreso Nacional da UCD en Palma de Mallorca, en febreiro de 1981, e no I Congreso da UCD de Galicia en Lugo, en maio de 1982.

Trala desintegración da UCD, despois da devacle das eleccións xerais do 28 de outubro de 1982, pasa a formar parte en febreiro de 1983 de Centristas de Ourense, partido que conxuntamente cos restos centristas e do Partido Galeguista dará lugar en marzo de 1983 a Coalición Galega. Con Coalición Galega gañaría por maioría simple as eleccións municipais de 1983.

En 1985, despois da escisión de Coalición Galega, formará parte cos antigos alcaldes de Centristas de Ourense do novo partido, Centristas de Galicia. Nas eleccións locais de 1987, revalidará a alcaldía coa coalición electoral de AP con Centristas de Galicia.

En 1991 revalidará a alcaldía na Converxencia Centristas e CDS (CC e CDS). Neste ano pasará a formar parte do PPdeG, cando Centristas de Galicia se integrou finalmente neste partido, gañando por maioría absoluta ata o ano 2015 con estas siglas.

Presidenta e principal animadora da asemblea local da Cruz Vermella Española de Sandiás e impulsora do posto de socorro da Cruz Vermella desta localidade, posto en marcha no ano 1980. Posúe a Medalla de Prata da Cruz Vermella Española concedida no ano 1996.

Vogal da Comisión de Control de Caixa Ourense (1991-1993) e secretaria de dita comisión (1993-1995).

Foi asesora do Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Juan Piñeiro Permuy, para asuntos relacionados cos concellos, colaborando na reforma educativa, durante o período lexislativo de 1998. Membro do Consello Escolar de Galicia durante unha lexislatura.

No ano 2004, foi elixida deputada provincial ata o ano 2006, en representación do PPdeG, polo partido xudicial de Xinzo de Limia, substituíndo ó deputado de Xinzo de Limia, Isaac Vila. Sendo a presidenta da Comisión Especial de Contas, Facenda e Economía, e representando á Deputación de Ourense no Consello Asesor de Telecomunicación e Audiovisual de Galicia, na Comisión Interinstitucional do Menor da Xunta de Galicia, na Fundación para o Desenvolvemento da Comarca de Verín e no Padroado Provincial de Turismo.

O 14 de decembro de 2004 foi unha das 41 alcaldesas e alcaldes, que atesouraban 25 anos de servizo á fronte dos seus concellos, que foron homenaxeados pola FEGAMP, con ocasión dos XXV anos de Concellos democráticos de Galicia. Así mesmo, nesa mesma data, recibiu de mans do presidente da Deputación de Ourense, Xosé Luis Baltar Pumar, o bastón de mando honorífico por levar 25 anos á fronte da Corporación Municipal do Concello de Sandiás.

Exerceu tamén a vicepresidencia, a presidencia, e finalmente a Tesouraría do Consorcio Comarcal Contra Incendios e Salvamento da Limia.

Nas eleccións municipais de 24 de maio de 2015 perdeu as eleccións, retirándose da política local.


Predecesor:
?
  
Alcaldesa de Sandiás
 
1979 - 2015
Sucesor:
Felipe Traveso García

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar