Luis Miguel Arconada
Luis Miguel Arconada Etxarri, nado en Donostia o 26 de xuño de 1954, é un exfutbolista español. Xogaba de porteiro. Foi internacional coa selección española.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) Luis Miguel Arconada Echarri 26 de xuño de 1954 (70 anos) Donostia, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 178 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1974 - 1989 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Gardameta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
xuño de 1984 | Eurocopa de Fútbol Francia 1984 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1982 | Mundial de Fútbol España 1982 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
xuño de 1980 | Eurocopa de Fútbol Italia 1980 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
xuño de 1978 | Mundial de Fútbol Arxentina 1978 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1976 | Xogos Olímpicos de 1976 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Irmáns | Gonzalo Arconada | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Parentes | Ignacio Echarri, tío | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Traxectoria
editarXogou no Lengokoak da súa vila natal, de onde foi fichado pola Real Sociedad no ano 1970. Despois de varias tempadas no filial é ascendido ao primeiro equipo cando contaba con 20 anos de idade.
Ao principio, outros dous grandes porteiro Pedro María Artola e Urruti pechábanlle a porta da titularidade. Así a todo, Artola foise para o F.C. Barcelona, e Arconada xa ficou coma segundo porteiro. Debuta coa Real nun partido da Copa da UEFA o 22 de outubro de 1975 contra o Liverpool FC. Xa nesta tempada alcanzou a titularidade, empuxando a que Urruti fiche polo RCD Espanyol.
Carreira na Real
editarDende 1976 Arconada foi durante 13 anos o dono indiscutible da portería donostiarra. A pesar de ser considerado un dos mellores porteiros do país, sempre foi fiel ó seu club, no que ficou toda a súa carreira profesional. Xogou un total de 551 encontros oficiais coa Real Sociedad, 414 deles na Liga española de fútbol. Gañou catro títulos, sendo un dos principais protagonistas da mellor época histórica do club e o capitán da mellor xeración de futbolistas da Real xunto con Zamora, López Ufarte, Jesús María Satrústegui, Alberto Górriz, Juan Antonio Larrañaga ou José Mari Bakero, ás ordes de Alberto Ormaetxea e na parte final da súa carreira, de John Benjamin Toshack.
Foi subcampión de Liga no 1980 batendo a Real un récord de imbatibilidade que aínda está vixente na Liga española de fútbol. Arkonada obtivo esa temporada o seu primeiro Trofeo Zamora. Nas dúas tempadas seguintes chegaron os dous títulos de Liga da Real e a nivel persoal outros dous Trofeos Zamora. No 1983 a Real gañou a primeira Supercopa de España e na Copa de Europa de 1983-84 a Real acadou as semifinais onde foi eliminado polo futuro campión, o Hamburger SV.
En toda a súa carreira só sufriu unha mancadura de gravidade, na primeira xornada de Liga da tempada 1985-1986, que provocou que se perdese toda a competición. O seu papel no equipo desempeñouno con notable actuación un xove porteiro chamado Agustín de Carlos Elduayen. Ao ano seguinte Elduayen foise ao Atlético de Madrid e Arconada retomou a titularidade.
En 1987 a súa abraiante actuación na quenda de penaltis permitiulle á Real alzarse co título de campión da Copa do Rei, tras empatar a 2 na final co Atlético de Madrid. Ao ano seguinte, en 1988, na útima gran campaña de Arconada coa Real, o equipo obtivo o subcampionato de Liga e Copa.
A súa retirada da Real Sociedad e do fútbol chegou en 1989, sendo tamén titular do equipo na súa derradeira tempada. Neses intres estaba a piques de cumprir os 35 anos.
O seu carisma, tanto dentro coma fóra do campo, levouno a se-lo ídolo de moitos afeccionados ó fútbol, que non eran necesariamente seguidores da Real Sociedad.
Fíxose coñecida a frase da afección txuri-urdin: "Non pasa nada temos a Arconada". Tralo seu retiro, o seu posto na portería txuri-urdin ocupouno José Luis González. Tódolos porteiros que dende 1989 ocuparon a portería realista tiveron e aínda teñen que sufrir comparacións con Arconada.
Dende que se retirou Arconada permanece á marxe do mundo do fútbol, dedicado a negocios privados. Porén, nos últimos anos o seu nome xurdiu de forma recorrente como posible candidato á presidencia da Real Sociedad. Esta candidatura, así a todo, aínda non chegou a materializarse.
Ten un irmán mais novo, Gonzalo Arconada, que foi adestrador da Real Sociedad durante uns meses en 2006.
Selección nacional
editarArconada foi o porteiro habitual da Selección española entre 1977 e 1985. Tamén foi o capitán en numerosos encontros.
En total xogou 68 encontros coa selección nos que encaixou 62 goles. No momento da súa retirada era o xogador con máis partidos disputados na historia da selección española.
Antes de debutar coa selección absoluta, Arconada formara parte Selección Olímpica nos Xogos Olímpicos de 1976.
Coa selección española debutou o 27 de marzo de 1977 nun encontro España-Hungría. Formou parte da convocatoria do Mundial de Fútbol Arxentina 1978, aínda que non xogou nin un só minuto na Arxentina. Máis tarde foi o porteiro titular de España na Eurocopa de Fútbol 1980 en Italia, no Mundial de Fútbol España 1982 e na Eurocopa de Fútbol 1984 disputada en Francia.
O maior éxito logrado por Arconada coa Selección española foi subcampionato na Eurocopa de fútbol 1984 en Francia. Arconada realizou unha maxistral competición, aínda que é lembrado por algúns polo erro que cometeu na final contra Francia, onde o balón se lle escorreu por baixo do seu corpo tras un lanzamento de falta de Michel Platini.
Outra polémica famosa foi a negativa a vesti-las medias oficiais da selección. Uns atribúen este feito á súa condición de vasco, namentres que moitos outros consideraban que era unha superstición, xa que no seu club sempre vestía medias brancas e mantiña este costume na selección.
En 1985 a mancadura que sufriu Arconada apartouno da selección, non volvendo nunca máis a ser convocado. Esa praza ocupouna Andoni Zubizarreta.
Arconada tamén disputou algúns encontros amigables coa Selección de Euskadi.
Títulos
editarCampionatos nacionais
editarTítulo | Club | País | Ano |
---|---|---|---|
Liga | Real Sociedad | España | 1981 |
Liga | Real Sociedad | España | 1982 |
Supercopa | Real Sociedad | España | 1982 |
Copa do Rei | Real Sociedad | España | 1987 |
Distincións individuais
editar- 3 Trofeos Zamora ao Porteiro Menos Goleado: 1980 1981 e 1982
- Mellor porteiro da Eurocopa de Fútbol 1984
Participacións nas Copas do Mundo
editarMundial | Selección | Resultado |
---|---|---|
Mundial de Fútbol España 1982 | España | Segunda fase |