Roberto López Ufarte

futbolista español

Roberto López Ufarte, nado o 19 de abril de 1958 en Fez é un exfutbolista española que xogaba na demarcación de dianteiro.

Ufarte
Información persoal
Nome Roberto López Ufarte
Nacemento 19 de abril de 1958 (66 anos)
Lugar de nacemento Fez
Altura 1,70 m
Posición Dianteiro
Carreira xuvenil
Real Unión de Irún
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1973–1975 Real Unión de Irún
1975–1987 Real Sociedad 474 (129)
1987–1988 Atlético de Madrid 27 (8)
1975–1987 Real Betis Balompié 28 (3)
Selección nacional
1975-1982 España 15 (5)
1975-1982 Euskadi 4 (0)
Na rede
FIFA: 168801 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Naceu en Fez, Marrocos, de pai catalán e nai andaluza pero con oito anos a familia múdase a Irún, onde comeza a xogar a fútbol.

Tras un breve paso pola categoría de xuvenís debuta en Terceira División co Real Unión de Irún con 15 anos. Pouco despois fichou pola Real Sociedad de Fútbol de Donostia aínda que permaneceu un ano máis en Irún como cedido.

No club donostiarra trascurriu a maior parte da súa carreira, no que disputou 363 encontros de liga e anotou 101 goles. A xeración composta polo propio Ufarte e xogadores coma Luis Miguel Arconada, Jesús María Satrústegui ou Zamora foi unha das mellores do club e a máis laureada da súa historia.

En 1987 fichou polo Atlético de Madrid e ao ano seguinte polo Real Betis, co que sufriu o descenso a Segunda División

Unha vez retirado formou parte do equipo técnico da Real Sociedad moitos anos, sendo o segundo de varios adestradores.

Palmarés editar

Título Club País Ano
Liga Real Sociedad de Fútbol España 1981
Liga Real Sociedad de Fútbol España 1982
Supercopa Real Sociedad de Fútbol España 1982
Copa do Rei Real Sociedad de Fútbol España 1987