Luís Emilio Batallán

médico e músico galego
(Redirección desde «Luis Emilio Batallán González»)

Luís Emilio Batallán González, nado en Santiago de Compostela o 18 de setembro de 1948, é un médico e músico galego.

Infotaula de personaLuís Emilio Batallán
Biografía
Nacemento18 de setembro de 1948 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico , médico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiLuís Batallán Pena Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: d574804f-ff9c-4c0b-a9fd-7c11f8e07e25 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Luis Batallán Pena. En 1975 publicou o disco Ahí ven o maio, no que musicaba poemas de Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro, Ramón Cabanillas, Rosalía de Castro e Álvaro Cunqueiro e do que se venderon máis de cincocentos mil exemplares.[1] Foi durante catro anos presidente do Pontevedra Club de Fútbol. En 1989 apareceu o seu segundo disco, Ballet da nena, con letras propias e de Uxío Novoneyra, Neira Vilas, Rosalía de Castro, Celso Emilio Ferreiro e Manuel Antonio. En 1992 apareceu o seu terceiro elepé Eres un fármaco. O seu traballo Tu retrato apareceu en 2007.

Xubilouse como médico rural en Moraña.

Discografía editar

Vida persoal editar

Luís Emilio Batallán foi fillo de Luis Batallán Pena, médico e alcalde de Moraña durante o franquismo, e de Ofelia González Taboada, farmacéutica en Moraña, finada en 2015. Está casado e ten catro fillos.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar