Lucrezia Borgia

(Redirección desde «Lucrecia Borxia»)

Lucrezia Borgia, nada en Subiaco o 18 de abril de 1480 e finada en Ferrara o 24 de xuño de 1519, filla ilexítima do cardeal Roderic Llançol de Borja (máis tarde papa Alexandre VI), foi unha das figuras femininas máis controvertidas do Renacemento italiano.

Lucrezia Borgia
Presunto retrato de Lucrezia Borgia,[1]
Bartolomeo Veneto (~1510)
Duquesa consorte de:
Ferrara, Modena e Reggio
25 de xaneiro de 150524 de xuño de 1519
PredecesorLeonor de Nápoles
SucesorRenata de Francia
Señora consorte de:
Pesaro e Gradara
12 de xuño de 149220 de decembro de 1497
PredecesorMaddalena Gonzaga
SucesorGinevra Tiepolo

Outros títulosDuquesa de Bisceglie e Princesa de Salerno
Gobernadora do ducado de Spoleto
Rexente do estado de Chiesa
Rexente do ducado de Ferrara
Nacemento18 de abril de 1480
Subiaco
FalecementoFerrara
24 de xuño de 1519 (39 anos)
SepulturaMosteiro do Corpus Domini (Ferrara)
ConsorteXoán Sforza (1493-1497)
Afonso de Aragón (1498-1500)
Afonso I d'Este (1502-1519)
DescendenciaRodrigo de Aragón
Alexandre d'Este
Hércules II d'Este
Hipólito II d'Este
Leonor d'Este
Francisco d'Este
Sabela María d'Este
Liñaxe / DinastíaBorgia[2]
ProxenitoresRodrigo Borgia (posteriormente papa Alexandre VI)
Vannozza Cattanei

Escudo de Lucrezia Borgia
Na rede
WikiTree: Borgia-5 Find a Grave: 7855976 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Dende que tiña once anos estivo suxeita a unha política de matrimonio vinculada ás ambicións políticas do seu pai primeiro e logo do seu irmán César Borgia. Cando o seu pai accedeu ao trono papal, foi inicialmente dada como esposa a Xoán Sforza, señor de Pesaro, mais uns anos despois, trala anulación do seu matrimonio, Lucrecia casou con Afonso de Aragón, fillo ilexítimo de Afonso II de Nápoles. Un cambio nas alianzas, que achegou os Borgia ao partido pro-francés, conduciu ao asasinato de Afonso por orde de César.[3]

Despois dun breve período de loito pasado en Nepi co seu primeiro fillo, Rodrigo de Aragón, Lucrecia participou activamente nas negociacións da súa terceira voda con Afonso I d'Este, primoxénito de Ercole, duque de Ferrara, quen tivo que aceptala como esposa.[4] Na corte de Este, Lucrecia conseguiu facer esquecer a súa orixe como filla ilexítima do Papa, os seus dous matrimonios infrutuosos e todo o seu pasado tormentoso; de feito, grazas á súa beleza e á súa intelixencia, fíxose benquerida tanto pola súa nova familia como pola poboación de Ferrara.

Adquiriu fama de hábil política e diplomática, até o punto de que o seu marido chegou a confiarlle o manexo político e administrativo do ducado cando tiña que ausentarse de Ferrara. Tamén foi unha mecenas activa, acollendo na corte a poetas e humanistas como Ludovico Ariosto, Pietro Bembo, Gian Giorgio Trissino e Ercole Strozzi.

Dende 1512, por mor das desgrazas que a afectaron a ela e á casa ferraresa, Lucrecia comezou a usar un cilicio, inscribiuse na Orde Franciscana Secular, uniuse aos seguidores de San Bernardino e Catarina de Siena e fundou o Monte de Piedade de Ferrara para socorrer os pobres.[5][6] Morreu en 1519, aos trinta e nove anos, debido a complicacións nun parto.

Notas editar

  1. Bellonci 2011, p. 613.
  2. Familia Borgia
  3. Bradford 2005, p. 87.
  4. Cloulas 1989, p. 263-264.
  5. Bradford 2005, p. 290-291.
  6. Montanelli 2003, p. 346.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Bellonci, Maria (2011). Lucrezia Borgia. Milán: Mondadori. ISBN 978-88-04-45101-3. 
  • Bradford, Sarah (2005). Lucrezia Borgia. La storia vera. Milán: Mondadori. ISBN 88-04-55627-7. 
  • Cloulas, Ivan (1989). I Borgia. Roma: Salerno Editrice. ISBN 88-8402-009-3. 
  • Montanelli, Indro (2003). Storia d'Italia: il Rinascimento (vol. 2, 1250-1600). Milán.