Irmáns Dardenne

(Redirección desde «Luc Dardenne»)

Os irmáns Jean-Pierre Dardenne ([daʁdɛn]), nado en Liexa o 21 de abril de 1951 e Luc Dardenne, nado na mesma cidade o 10 de marzo de 1954 son unha parella de cineastas belgas. Traballan como directores, produtores e guionistas nos seus filmes.

Infotaula de personaIrmáns Dardenne

Editar o valor em Wikidata
Membros
Grupodúo de irmáns Editar o valor em Wikidata
Jean-Pierre Dardenne (Engis (pt) Traducir, 21 de abril de 1951 - ). Guionista
Luc Dardenne (Awirs (en) Traducir, 10 de marzo de 1954 - ). Director de cinema Editar o valor em Wikidata
Actividade
Período de actividade1978 Editar o valor em Wikidata -
Obra
Arquivos en
Premios

Traxectoria editar

Os Dardenne naceron e creceron na provincia de Liexa, en Valonia. Jean-Pierre estudou arte dramática, mentres que Luc (tres anos máis novo) estudou filosofía. En 1975 crearon Derives, compañía coa que produciron sesenta filmes documentais antes de pasarse ás longametraxes de ficción. Estes filmes trataban temas como a inmigración polaca, a resistencia durante a segunda guerra mundial e a folga xeral de 1960.

As súas dúas primeiras longametraxes de ficción, Falsch (1987) e Je pense a vous (1992), son pouco coñecidas, e Luc describiunas como unha "aventura desafortunada". O seu primeiro grande éxito foi La promesse en 1996.

Con Rosetta os Dardenne comezaron a fixarse nos problemas (filosóficos, espirituais e psicolóxicos) dos desempregados. A protagonista, Émilie Dequenne, que debutaba no cinema gañou o premio á mellor actriz no Festival de Cannes. O filme foi a primeira produción belga que gañou a Palma de Ouro.

Co seu seguinte filme, L’Enfant, volveron gañar a Palma de Ouro.

Filmografía editar

Longametraxe editar

Documentais editar

  • Chant du rossignol (1978)
  • Lorsque le bateau de Léon M. descendit la Meuse pour la première fois (1979)
  • Pour que la guerre s'achève, les murs devaient s'écrouter (1980)
  • R... ne répond plus (1981)
  • Leçons d'une université volante (1982)
  • Regarde Jonathan/Jean Louvet, son oeuvre (1983)

Curtametraxes editar

Produtores editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Sebastiano Gesù (ed.), Etica ed estetica dello sguardo. Il cinema dei fratelli Dardenne, Catania, 2006.

Ligazóns externas editar