L'Enfant (filme)

filme de 2005 dirixido por Luc Dardenne e Jean-Pierre Dardenne

L'Enfant é un filme belga de 2005 dirixido polos irmáns Dardenne. Está protagonizado por Jérémie Renier e Déborah François. Recibiu a aclamación da crítica e gañou a Palma de Ouro no Festival Internacional de Cine de Cannes de 2005, entre outros premios. No ano 2017, foi nomeado o décimo cuarto mellor filme do século XXI por The New York Times.[3]

L'Enfant
Ficha técnica
Título orixinalL'Enfant
DirectorIrmáns Dardenne
ProdutorJean-Pierre Dardenne
Luc Dardenne
Denis Freyd
GuiónJean-Pierre Dardenne
Luc Dardenne
IntérpretesJérémie Renier
Déborah François
FotografíaAlain Marcoen
MontaxeMarie-Hélène Dozo
DistribuidoraSony Pictures Classics
EstreaCannes: 17 de maio de 2005
Duración91 minutos
OrixeBélxica Bélxica
Orzamento€3 600 000[1]
Recadación$5 500 000[2]

ArgumentoEditar

Bruno e Sonia son unha parella nova que vive nos suburbios dunha cidade belga. Os seus ingresos redúcense a un subsidio que recibe ela e ao que el e a súa banda gaña cos seus roubos. Nesta precaria situación, Sonia dá a luz a Jimmy, fillo de ambos. O seu inmaduro e despreocupado pai amosa escaso interese polo neno ata que recibe unha oferta económica pola súa venda no mercado negro.

PersonaxesEditar

NotasEditar

  1. "L'ENFANT". JP's Box-Office. Consultado o 9 de xullo de 2017. 
  2. "The Child". Boxofficemojo. Consultaod o 4 de marzo de 2012.
  3. Dargis, Manohla; Scott, A.O. "The 25 Best Films of the 21st Century...So Far". The New York Times. Consultado o 8 de xullo de 2017. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar