Luís Martínez Nouche

funcionario e político galego

Luís Martínez Nouche, nado en Santiago de Compostela o 29 de setembro de 1902 e finado no mesmo concello o 3 de decembro de 1936, foi un funcionario e político galego.

Modelo:BiografíaLuís Martínez Nouche

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de setembro de 1902 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morte3 de decembro de 1936 Editar o valor en Wikidata (34 anos)
cemiterio de Boisaca, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 4287

Traxectoria

editar

Inspector xefe de arbitrios de Santiago de Compostela. Afiliado ao Partido Federal. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi axente do Comité Executivo da Fronte Popular de Compostela, participando na requisa de armas. Foi xulgado no consello de guerra contra os doce membros do Comité da Fronte Popular o 19 de novembro e condenado á pena de morte. Fusilárono nas inmediacións do cemiterio de Boisaca o 3 de decembro de 1936 con Manuel Maroño Calvo, José Maroño Calvo, Modesto Pasín Noya, Fernando Domínguez Caamaño, Francisco Ponte Ces, Rafael Pardo Carmona, Rafael Frade Peña, Luis Rastrollo González e José Germán Fernández.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Lamela García, Luis (2005). 1936, la 'Cruzada' en Compostela. La guerra civil y la represión franquista en los documentos policiales y militares. Sada: Do Castro. pp. 279–280. ISBN 84-8485-186-9.