José Germán Fernández

político galego

José Germán Fernández, nado en Ribadavia o 5 de febreiro de 1886 e finado en Santiago de Compostela o 3 de decembro de 1936, foi un político galego.

José Germán Fernández
Xermán Fernández por Camilo Díaz Baliño.jpg
Nacemento5 de febreiro de 1886
 Ribadavia
Falecemento3 de decembro de 1936
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmilitar e político
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Suboficial de Infantería retirado do Exército pola Lei Azaña. Dirixente do Centro Republicano Federal de Izquierda Republicana do que foi nomeado secretario xeral en xaneiro de 1936[1]. Logo do triunfo do Fronte Popular foi xestor do concello de Santiago de Compostela. Elixido primeiro Tenente-alcalde, era alcalde accidental da cidade cando aconteceu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 e formou parte do Comité de Defensa da República constituído no concello compostelán. Foi detido pola Garda civil aos poucos días e encarcerado no Pazo de Raxoi. Xulgado en consello de guerra e acusado de traizón, foi condenado a morte. Foi executado no cemiterio de Boisaca o 3 de decembro de 1936.

Vida persoalEditar

Casou con Teresa Sánchez.

NotasEditar

  1. El Pueblo Gallego, 22-1-1936, p. 12.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Lamela García, Luis (2005). Do Castro, ed. 1936, la 'Cruzada' en Compostela. La guerra civil y la represión franquista en los documentos policiales y militares. Sada. p. 272. ISBN 84-8485-186-9. 

Ligazóns externasEditar