Fernando Domínguez Caamaño
Político galego
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Fernando Domínguez.
Fernando Domínguez Caamaño, nado na Coruña o 10 de xaneiro de 1908 e finado en Santiago de Compostela o 3 de decembro de 1936, foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de xaneiro de 1908 A Coruña, España |
Morte | 3 de decembro de 1936 (28 anos) Santiago de Compostela, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | funcionario |
Partido político | Izquierda Republicana |
Traxectoria
editarNa Segunda República foi funcionario municipal do concello de Santiago de Compostela. Militante de Izquierda Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 formou parte do Comité de Defensa da República constituído no concello compostelán en representación de Izquierda Republicana. Foi detido aos poucos días. Xulgado en consello de guerra e acusado de traizón, foi defendido polo seu parente o avogado José Reino Caamaño, pero foi condenado á pena de morte. Executárono no cemiterio de Boisaca o 3 de decembro de 1936.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Lamela García, Luis (2005). 1936, la 'Cruzada' en Compostela. La guerra civil y la represión franquista en los documentos policiales y militares. Sada: Do Castro. p. 271. ISBN 84-8485-186-9.