Abrir o menú principal

Luís Iglesias de Souza

escritor galego

Luís Iglesias de Souza, nado na Coruña en 1919 e finado na mesma cidade o 2 de febreiro de 1995,[1] foi un escritor galego en lingua galega e castelán.

Luís Iglesias de Souza
Nacemento1919
 A Coruña
Falecemento2 de febreiro de 1995
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Mestre nacional. Pertenceu a Acción Católica, fundando en 1932 a Asociación de Estudiantes Católicos. Crítico de cine e teatro en Radio Nacional de España na Coruña, colaborou en diversas publicacións. Foi finalista do Premio Nacional de Literatura en 1968 con El aguijón. Fundou o grupo La Farándula e foi un dos creadores da Asociación de Amigos da Ópera. Foi membro correspondente da Real Academia Galega de Belas Artes e da Real Academia Galega.

ObraEditar

Algunhas das súas obras son:

  • Terras, xentes e cousas, 1968 (poemario)
  • Meu tempo desgaxado, 1970 (poemario)
  • Nadaliñas, 1972 (poemario)
  • Vento antergo, 1975 (poemario)
  • Contos miúdos, 1983 (narrativa infantil)
  • Un conto tódolos días, 1987 (narrativa infantil)
  • As alaudas do mencer, 1989 (narrativa)
  • As historias da abella Traamunda. Nova Galicia, 1990. (Narrativa infantil).
  • As historias do anxo azul. Nova Galicia, 1991. (Narrativa infantil).
  • O vello das pombas. Everest Galicia, 1998. (Narrativa infantil).

Vida persoalEditar

Casou con Encarnación Feijoo Vázquez.

RecoñecementosEditar

  • Medalla de ouro ao mérito artístico e cultural do Concello da Coruña.

NotasEditar

  1. La Voz de Galicia, 3-2-1995, p. 32.

Véxase taménEditar