Luís III de Alemaña

Luís III de Alemaña, tamén chamado Luís o Mozo, nado en 835 e finado o 20 de xaneiro de 882, foi o segundo fillo do monarca carolinxio Luís o Xermánico.

Luís III de Alemaña
Louis II the Younger, king of Lotharigia.jpg
Nacementoc. 835
Lugar de nacementovalor descoñecido
Falecemento20 de xaneiro de 882
Lugar de falecementoFrankfurt
Causadoenza
SoterradoAbadia de Lorsch
Ocupaciónmonarca
PaiLuís, o Germânico
NaiEmma da Baviera
CónxuxeLiutgarda da Saxônia
FillosHugo da Saxônia, Luís e Hildegarda
IrmánsCarlomán de Baviera, Carlos III o Gordo, Hildegarda, Ermengarda de Chiemsee, Berta e Gisla
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

O seu pai herdou o reino de Saxonia desde o 876. Tamén herdou o reino de Baviera do seu irmán maior Carlomán á súa morte en 880. Morreu no 882 e todos os seus territorios pasaron ao terceiro dos irmáns, Carlos o Gordo.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Pipino o Breve
 
 
 
 
 
 
 
Carlomagno
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Bertrada de Laon
 
 
 
 
 
 
 
Luís o Piadoso
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Hildegarda
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Luís o Xermánico
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Ermengarda de Hesbaye
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Luís III o Novo
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Welf
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Emma de Altdorf
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Hedwig de Baviera
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Naceu no 835, fillo de Luís o Xermánico e de Emma de Altdorf. Foi o segundo dos tres fillos de Luís o Xermánico, que, seguindo o costume franco de dividir o reino entre os seus fillos, cedeu territorios do seu reino aos seus fillos para que adquirisen experiencia no goberno. O fillo maior, Carlomán, recibiu Baviera, Luís recibiu Saxonia, e o terceiro fillo, Carlos o Gordo, Alemaña[1] .

Durante a súa mocidade, Luís, ás veces co apoio de Carlos, enfrontouse ás veces loitou co seu pai, pero as sublevacións non foron máis lonxe e sempre se reconciliou co seu pai. Á morte de Luís o Xermánico no 876, o reino dos francos orientais separouse finalmente e os tres irmáns herdaron os seus correspondentes reinos.

O seu tío, Carlos o Calvo, buscou aproveitarse da mocidade de Luís para anexarse as partes occidentais de Lotarinxia, pero a pesar de ter un exército significativamente menor, Luís deuno derrotado na batalla de Andernach.

Grazas ao Tratado de Ribemont (880) apoderouse de Lotarinxia a costa do reino francés e coa morte do seu irmán Carlomán o mesmo ano obtivo o reino de Baviera.

Luís tamén tivo que tratar coas incursións viquingas, que penetraron no interior e saquearon o reino. Luís derrotou a hoste dos viquingos en Thimeon, pero o seu fillo bastardo Hugo morreu na batalla.

Luís enfermou no 881 e faleceu o 20 de xaneiro do 882. O seu único fillo lexítimo, Luís, morrera aos dous anos ao caer accidentalmente por unha fiestra do palacio, de xeito que á súa morte todos os seus territorios pasaron ao seu irmán Carlos, volvéndose unificar o reino de Alemaña que se dividira pola morte de seu pai.

NotasEditar

  1. Para o seu intento infrutuoso de alcanzar a coroa de Aquitania (854) ver: Pipino II de Aquitania.