Lois XIX de Francia

rei de Francia

Lois Antón de Borbón e Savoia,[1] nado en Versalles o 6 de agosto de 1775 e finado o 3 de xuño de 1844, fillo primoxénito de Carlos X e María Tareixa de Savoia, foi Delfín e Rei de Francia (1830). Posteriormente, levou o título de Duque de Angulema.

Infotaula de personaLois XIX de Francia

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de agosto de 1775 Editar o valor em Wikidata
Versalles, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte3 de xuño de 1844 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Gorizia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaAnnunciation Parish Church (Nova Gorica) (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Grand prior of France (en) Traducir
1777 – 1789
← Louis-François de Bourbon-Conti (pt) TraducirCarlos Fernando (pt) Traducir →
Pair of France (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , militar Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militaralmirante Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Outro
TítuloDuque Editar o valor em Wikidata
FamiliaDinastía Borbón Editar o valor em Wikidata
CónxuxeMaria Teresa Carlota de França (pt) Traducir (1799–) Editar o valor em Wikidata
PaisCarlos X de Francia Editar o valor em Wikidata  e Maria Teresa da Sardenha (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsCarlos Fernando (pt) Traducir e Sofia de Artois (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Bourbon-227 Find a Grave: 45286505 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Abandonou Francia cos seus pais na nenez, debido á Revolución Francesa, e pasou gran parte da súa vida no exilio. Contraeu nupcias coa súa prima irmá María Tareixa de Francia, con quen non tivo sucesión, aínda que anos máis tarde a parella criou como fillo ao seu sobriño Henrique, Duque de Bordeos (Henrique V). A parella regresou a Francia cando caeu o imperio de Napoleón e o seu tío Lois XVIII ascendeu ao trono.

En 1823 correspondeulle encabezar o exército dos Cen Mil Fillos de San Luís, enviado a España para axudar a Fernando VII a restablecer a monarquía absoluta. A expedición non atopou ningunha oposición militar importante, salvo á hora de cercar Cádiz, e representou un considerábel éxito para os absolutistas.

En 1824, ao ascender o seu pai ao trono, converteuse en Delfín de Francia e herdeiro da coroa. Ao producirse a revolución de 1830, o seu pai abdicou no seu favor, aínda que co expreso propósito de que renunciase enseguida en favor do seu sobriño Henrique V, o que en efecto fixo. Porén, o Duque de Orleáns apoderouse do trono co nome de Lois Filipe e a familia real houbo de marchar ao exilio. Ao morrer o seu pai en Praga en 1836, moitos lexitimistas consideraron como novo rei de xure ao duque de Angulema, co nome de Lois XIX, por considerar inválidas as abdicacións de 1830. Con todo, mantívose apartado da política. Morreu no exilio en 1844. Actualmente, atópase enterrado na cripta da igrexa do mosteiro franciscano de Kostanjevica (Nova Gorica, Eslovenia).

Predecesor:
Carlos X
Rei de Francia
1830
Sucesor:
Henrique V

Notas editar

  1. "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-12-07. 

Véxase tamén editar