Louis Henri Loison
Louis Henri Loison, nado en Damvilliers, Meuse, o 16 de maio de 1771 e finado en Chikel, cerca de Liexa, o 30 de decembro de 1816, foi un xeneral francés do Primeiro Imperio francés.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de maio de 1771 Damvillers, Francia |
Morte | 30 de decembro de 1816 (45 anos) Liexa |
Lugar de sepultura | Cemiterio do Père-Lachaise, 19 (1867–) Chokier (en) (–1867) Grave of Loison (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia |
Actividade | |
Ocupación | oficial , militar |
Lingua | Lingua francesa |
Carreira militar | |
Lealdade | Primeiro Imperio Francés |
Rama militar | Infantaría |
Rango militar | general de divisão (pt) |
Conflito | Guerras da Revolución Francesa e Guerras napoleónicas |
Obra | |
Arquivos en |
|
Outro | |
Título | Conde |
Premios |
Biografía militar
editarAínda mozo enrolouse no batallón auxiliar das colonias en 1787, abandonándoo en setembro, mais reengachouse a comezos de 1788.
En plena revolución, Loison, como subtenente, entra o 15 de setembro de 1791, nun batallón de voluntarios do departamento da Meuse, obtendo o ano seguinte o grao de tenente.
Algúns meses despois foi nomeado capitán de húsares na lexión do Norte; os seus méritos lévano a que en maio de 1793, sexa ascendido a axudante-xeneral xefe de brigada provisorio. Pouco tempo logo foille confirmado o novo grao, e o Comité de Saúde Pública (Comité de salut public) outórgalle o despacho de xeneral de brigada no exército do Rin e Mosela.
A rapidez do seu ascenso, á parte do seu talento militar e valentía, comportou críticas que o acusaban de interesado, falta e humanidade e carencia de carácter. Mesmo os compañeiros de armas confesaran que non se movía só pola avidez de fama. A toma e a devastación da abadía de Orval, no Gran Ducado de Luxemburgo, conducírono perante un tribunal, do que foi salvado por un comisario da Convención, que o reintegrou nas funcións militares.
Con Napoleón
editarNo ano IV, serviu ás ordes do xeneral Napoleón Bonaparte, sendo encargado de presidir o tribunal que xulgaría os xefes da insurrección dese ano.
No ano VII, estivo ás ordes de Masséna en Suíza, mentres no ano VIII seguiu a Bonaparte en Italia. Distinguiuse aí nos combates de Cerezola, Pozzolo, Parona e Colorgnoli. A súa actuación no paso de Brenta, onde abriu camiño ao exército, confirmaron a súa reputación militar. No ano seguinte obtivo un retiro, e volveu ao seu fogar. No ano XII, foi nomeado membro da Lexión de Honor.
No ano XIV, serviu na campaña de Alemaña, sinalándose en Guntzburg, Elchingen, e en Luetash. Tomou Scharnitz. Logo da batalla de Austerlitz, o xeneral Loison foi nomeado grande aguia da Lexión de Honor, pola valentía que mostrara no combate,
Na Guerra Peninsular
editarEn 1808, realizou a campaña de España e Portugal con Junot e Soult; en 1809, pasou a mandar a primeira división do exército de reserva de España. Os portugueses alcuñárono "Maneta" (perdera o brazo esquerdo en 1806, nun accidente de caza). Ao tempo recibiu o título de conde cunha dotación de 25.000 francos de renda sobre os dominios de Gilhorm e de Meinersen, sitos en Hanovre.
Destinado na Grande Armée, o 24 de maio de 1812, foille encargado, durante a campaña de Rusia, organizar en Koenigsberg, unha división de 10.000 homes, presta para entrar en campaña.
Mais o emperador, ordenou o seu arresto, por non estar á cabeza da súa división, cando aquel chegou ante Vilna, o que na opinión do corso fora a causa da perda das tropas que a compuñan.
Na Restauración
editarLois XVIII nomeouno cabaleiro da orde de San Luís e máis comandante da 5ª división.
Loison foi licenciado o 15 de novembro de 1815. O seu nome está inscrito no arco de triunfo de l'Étoile, en París, no seu lado Oeste.