Lithocarpus elegans

especie de planta

Lithocarpus elegans

Lámina de L. elegans no Instituto de Botánica
da Academia Chinesa de Ciencias
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Hamamelidae
Orde: Fagales
Familia: Fagaceae
Xénero: Lithocarpus
Especie: L. elegans
Nome binomial
Lithocarpus elegans
(Blume) Hatus. ex Soepadmo, 1825

Lithocarpus elegans é unha especie de árbore pertencente á familia das fagáceas, do grupo dos chamados carballos de pedra, propio do leste de Asia, ao sur do Himalaia, a China e o Sueste asiático.

Características editar

Lithocarpus elegans é unha árbore que pode chegar até os 30 me de altura, cun tronco cun diámetro de até os 70 cm. A casca é de cor parda agrisada e está fisurada ou con lenticelas. As follas, coriáceas, miden até 17 cm de longo. As súas landras, de cor marrón, son ovoides ou arredondadas, miden até 2,5 cm de ancho, e son comestíbeis.[1]

Distribución e hábitat editar

Lithocarpus elegans encóntrase no sur e no sueste de Asia, nunha ampla área que vai desde Nepal, até todo subcontinente indio, a China, Indochina e Malesia.[1][2][3]

É característico da zona forestal perennifolia que se encontra até altitudes de entre os 1 800 e os 2 600 m no Himalaia Oriental.[2] En zonas máis baixas habita en zonas de selva tropical húmida até os 1 500 m.[1]

Uso editar

A súa madeira úsase localmente para obter leña e para fabricar carbón.[1] É cultivado nalgunhas zonas como planta ornamental, e tamén para aproveitar os seus froitos como alimento.

Taxonomía editar

Descrición editar

Lithocarpus elegans foi descrita en 1825 polo naturalista e botánico alemán-neerlandés Carl Ludwig Blume, baixo o nome de Quercus elegans, e reclasificado en 1970 por S. Soepadmo nun traballo publicado en Reinwardtia 8: 221-260.[4]

Etimoloxía editar

Para a do xénero, véxase Lithocarpus.

O epíteto específico elegans, é un termo latino que significa "elegante".[1]

Sinónimos editar

Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén por numerosos sinónimos.

(Ver a lista completa aquí).

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Soepadmo, E.; Julia, L.; Go, Rusea (2000). "Lithocarpus elegans (Blume) Hatus. ex Soepadmo". En Soepadmo, E.; Saw, L. G. Tree Flora of Sabah and Sarawak 3. Forest Research Institute Malaysia. pp. 55–56. ISBN 983-2181-06-2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de setembro de 2013. Consultado o 12 de xullo de 2020. 
  2. 2,0 2,1 Lithocarpus elegans en Botanic Stories. Royal Botanic Garden Edinburgh.
  3. Lithocarpus elegans na World Checklist of Selected Plant Families. Reais Xardíns Botánicos de Kew.
  4. Lithocarpus elegans no GBIF.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Camus, Aimee (1948): "Les chenes. Monographie des genres Quercus et Lithocarpus, Atlas vol. 3". Encyclopedie Economique de Sylviculture. 7: 152–165.
  • Kaul, Robert B. (1987): "Reproductive structure of Lithocarpus sensu lato (Fagaceae): cymules and fruits". Journal of the Arnold Arboretum. 68: 73–104.
  • Soepadmo, E. (1972): "Fagaceae". Flora Malesiana: Series I - Spermatophytes. 7: 265–403.

Outros artigos editar