Lista de territorios gobernados polas Nacións Unidas

artigo de listas da Wikimedia

Esta é unha lista de territorios que son, ou foron, directamente administrados polas Nacións Unidas (ONU). Estes non deben confundirse cos territorios en fideicomiso da ONU, que estaban dirixidos por un só país baixo un mandato da ONU.

A bandeira das Nacións Unidas, empregada por todas as administracións, agás pola UNTAC.
Bandeira empregada pola Autoridade Provisional das Nacións Unidas en Camboxa (UNTAC).

Lista editar

Actuais editar

Nome Localización Anos Hoxe parte de
Forza das Nacións Unidas para o Mantemento da Paz en Chipre (UNFICYP) Liña Verde (UNBZC) 1974–presente   Chipre
Forza das Nacións Unidas de Observación da Separación (UNDOF) Zona UNDOF nos Altos do Golán 1974–presente   Siria
Misión de Administración Interina das Nacións Unidas en Kosovo (UNMIK) Kosovo administrado polas Nacións Unidas 1999–presente
(só de jure dende 2008)
  Kosovo
(reclamado por   Serbia)

No pasado editar

Nome Localización Ano Hoxe parte de
Autoridade Executiva Provisional das Nacións Unidas (UNTEA) Nova Guinea Occidental 1962–1963   Indonesia
Autoridade Provisional das Nacións Unidas en Camboxa (UNTAC) Camboxa 1992–1993   Camboxa
Administración de Transición das Nacións Unidas en Eslavonia Oriental, Baranya e Sirmia Occidental (UNTAES) Eslavonia Oriental, Baranya e Sirmia Occidental 1996–1998   Croacia
Autoridade Provisional das Nacións Unidas en Timor Leste (UNTAET) Timor Leste administrado polas Nacións Unidas 1999–2002   Timor Leste