Misión de Administración Interina das Nacións Unidas en Kosovo
A Misión de Administración Interina das Nacións Unidas en Kosovo (MINUK) (en inglés: United Nations Interim Administration Mission in Kosovo - UNMIK), é a administración provisional por parte da ONU da provincia serbia de Kosovo. A Misión xestou en Kosovo unha fase de transición cara á resolución do seu status definitivo despois da guerra de 1999. Tras o fracaso das negociacións entre as autoridades serbias e as do goberno provisional kosovar, estas últimas optaron por declarar unilateralmente, e co apoio dos Estados Unidos, da súa independencia de Serbia o 17 de febreiro de 2008. Esta independencia foi recoñecida polos Estados Unidos e moitos dos seus aliados, pero non foi aceptada por Serbia, Rusia, nin polas Nacións Unidas.
United Nations Interim Administration Mission in Kosovo Misión de Administración Interina das Nacións Unidas en Kosovo | |||||
| |||||
| |||||
Capital | Pristina | ||||
Lingua | albanés, serbio, inglés | ||||
Goberno | Administración das Nacións Unidas | ||||
Historia | |||||
• Establecido | 1999 |
A MINUK foi creada pola resolución 1244 do Consello de Seguridade da ONU o 10 de xuño de 1999, ao final da Guerra de Kosovo.
Representantes do Secretario XeralEditar
O dirixente principal da MINUK e o Representante Especial do Secretario Xeral das Nacións Unidas en Kosovo. Este cargo foi exercido polas seguintes persoas:
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Nome | Nacionalidade | Período |
Bernard Kouchner | Francia | 1999 - 2001 |
Hans Haekkerup | Dinamarca | 2001 |
Michael Steiner | Alemaña | 2001 - 2003 |
Harri Hermanni Holkeri | Finlandia | 2003 - 2004 |
Søren Jessen-Petersen | Francia | 2004 - 2006 |
Joachim Rücker | Alemaña | 2006 - 2008 |
Lamberto Zannier | Italia | Desde 2008 |
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Sitio da UNMIK/MINUK Arquivado 22 de febreiro de 2011 en Wayback Machine. (en inglés).
- Resolución 1244 do Consello de Seguridade da ONU (en francés).
- Historia e organización da MINUK en operacións de paz, Universidade de Montreal
- Kosovo, dous anos de independencia inacabada www.abc.es/historia (en castelán).